Banner XX Premio de rarracion curta

AXUDAS ÁS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS 2025

Curtis, a 20 de xaneiro de 2025

No DOG núm.11 do 17 de xaneiro de 2025 publícase a Orde de 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027 e se procede a súa convocatoria para o ano 2025, destacando:

Programa I: Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341D), destinado a apoiar as persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial como persoas traballadoras autónomas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027. Persoas que causen alta por cuenta propia entre o 1 de outubro 2024 e o 30 de setembro do 2025, sendo demandante de emprego no que realizou a alta. 

Programa II: Nova Oportunidade das persoas traballadoras autónomas (TR790A), destinado a facilitar a volta á actividade económica da persoa traballadora autónoma que non tivo éxito no seu anterior intento.

Programa III: Bono a las personas trabajadoras autónomas (TR341Q) destinado a apoyar la consolidación de proyectos que superaron los 42 meses de vida, con el objeto de mejorar su competitividad. 

Programa IV: Bono Remuda das persoas traballadoras autónomas (TR353D), destinado a evitar o peche de negocios por falta de relevo xeracional. Este programa ten como finalidade evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional, ao tempo que facilita que as persoas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller a continuación dun negocio xa viable económicamente. O Bono remuda subvenciona o prezo, sen IVA, estipulado no contrato de remuda, dun negocio ou actividade con domicilio social e fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que previamente estivera inscrito na Bolsa de remuda da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego (se exceptúa deste requisito os negocios que foran obxecto de remuda antes da publicación desta orden no Diario Oficial de Galicia).

O porcentaxe do prezo do contrato a subvencionar varía do 75% ou 70% do prezo do contrato de remuda. No caso de que a persoa beneficiaria da axuda acceda á remuda mediante o alugueiro do local e/ou medios produtivos, o importe a percibir será o correspondente aos primeiros 18 meses de alugueiro.

Para ser subvencionable o gasto deberá estar realizado e pagado no período comprendido entre o 31 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, salvo nos casos de acceso a remuda mediante o alugueiro do local e/ou medios produtivos.

Pola súa parte, as persoas traballadoras autónomas que transmitan o negocio, percibirán un importe de 6.000 euros ou 3.000 euros.

Neste senso informamos que na web de Polos de Emprendemento e apoio ao Emprego publícase de forma regular unha bolsa de relevo de negocios enfocado a poñer en contacto a quen vende ou aluga a súa empresa, con persoas interesadas en facerse cargo da mesma. Trátase dun escaparate de negocios minoristas dispoñibles para aquelas persoas que buscan iniciar un proxecto empresarial consolidado e viable, reducindo os riscos de iniciar un novo negocio.

Pódese consultar a Bolsa de relevo de negocios no seguinte enlace: https://es.polosemprendemento.gal/projects?is_project_transmission=true&municipe_id=&name=&project_transmssion_public=true&province_id=36&sie_code_id=&submit=submit

Programa V: Ayudas a la conciliación de las personas trabajadoras autónomas (TR341R). 

A Rede de polos de apoio ao emprendemento e ao emprego ofrece apoio para asesorar, axilizar e facilitar os procesos de transmisión de empresas establecidas no territorio galego.

Axudas para a ampliación e modernización de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias

Curtis, 17 de xaneiro de 2025

A axuda á ampliación e modernización de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias, vaise publicar o día 29/01/2025 e o prazo de solicitude será 1 mes. 

A concesión de axudas será en concorrencia competitiva e os promotores en ningún caso poderán ter iniciados os investimentos antes da data da solicitude de axuda.

Beneficiarios:

1. As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural

2. Persoas físicas que residan nunha zona rural. Proxectos Subvencionables: Os proxectos deben ter un orzamento elixible superior a 20.000 € e inferior a 250.000 €. No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 € respectivamente.

Adquisición de bens de equipo co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:

1º) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

2º) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios. Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 100.000 €.

3º) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos agrícolas e forestais, e das empresas de servizos enerxéticos, así como das empresas que presten servicios nos sectores de hotelería (incluíndo todo tipo de empresas de aloxamento turístico), hostalería e restauración.

4º) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola...).

5º) Actividades de ocio, recreativas e deportivas

6º) Artesanía e actividades artesanais.

7º) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

8º) Comercio polo miúdo. Gastos Subvencionables Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

Importe da Axuda 45% dos gastos subvencionables

Para calquera dúbida os promotores poden pórse en contacto con nós a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nos teléfonos: 981547369 - 981540140- 881997263 

Acelera Pyme Rural

Oficina AceleraPyme Rural da Deputación da Coruña: Asesoramiento y soporte presencial y on line a pymes, profesionales autónomos/as y emprendedores/as para la transformación digital y mejora de la competitividad de sus negocios. Los servicios son: 

1.- Información y sensibilización TICs

2.- Acompañamiento técnico y mentoring digital.

3.- Información y sensibilización TICs

4.- Apoyo en la captación de recursos y acceso a financiación pública. 

Más información en su web: https://acelerapymeruraldacoruna.es/

AYUDAS PROMOCIÓN DEL EMPLEO AUTÓNOMO 2024

LIÑAS DE AXUDA: 

LIÑA 1: unha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma. (MÍNIMO 2.000 €, MÁXIMO 7.000 €)

LIÑA 2: unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38.ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.

PRAZO: Dende o 16/01/2024 ata o 30/09/2024

Enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&langId=es_ES&codtram=TR341D

 

AXUDAS PEL 2024 PARA EMPRENDEDORES/AS E EMPRESARIOS/AS

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de convocar as axudas PEL relativas á anualidade 2024:

· PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e o fortalecemento do tecido empresarial dos concellos de menos de 10.000 habitantes a a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

· PEL-AUTÓNOM@S: Axudas ao fomento do emprendemento e ao traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.

· PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas de concellos de menos de 20.000 habitantes.

· PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas de concellos de menos de 20.000 habitantes.

As bases das axudas PEL 2024 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia núm.11 do 15 de xaneiro de 2024 ou premendo na seguinte ligazón::

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=15/01/2024

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde as 8.00 horas de 22 de xaneiro de 2024 ata as 14.00 horas do 22 de febreiro de 2024.

As solicitudes, unha vez aberto o prazo, presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/

Lembrámoslle que na web do Plan de Emprego Local pode consultar a información actualizada das axudas PEL 2024, así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases. Aquí

Máis información: Servizo de orientación laboral 981789003 Ext.2037

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.