Banner XX Premio de rarracion curta

AXUDAS EMEGA 2018

Hoxe, día 4 de xullo de 2018, publicaronse as axudas Emega dirixidas a mulleres para apoiar a posta en marcha de iniciativas empresariais. (DOG Núm. 127). Esta axuda ten varias liñas: 

a) Liña emprende

b) Liña Innova

c) Liña Activa

d) Liña ITEF. Iniciativas empresariais de carácter innovador. 

e) Liña Concilia

f) Liña Dual. 

Máis información: Aquí

 

Entrepreneurs Startup Café

Con motivo da Startup Europe Week e do Día Internacional da Muller a Deputación da Coruña organiza o evento “Entrepreneurs Startup Café”, enmarcado dentro da liña 4 do Plan de Emprego Local (PEL).

Esta semana europea é un acontecemento impulsado pola Comisión Europea para fortalecer o ecosistema emprendedor no ámbito rexional e local que desde o 5 ata o 9 de marzo de 2018 unirá a máis de 300 cidades europeas participantes para axudar ás emprendedoras e emprendedores e amosarlles os recursos dos que dispoñen.

“Entrepreneurs Startup Café” terá lugar o vindeiro 7 de marzo ás 10:00 horas no salón Cunqueiro do hotel NH A Coruña Atlántico, avenida do Porto da Coruña, 4. Neste evento gratuíto 30 emprendedoras e emprendedores da provincia recibirán información sobre as axudas ao emprendemento do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, terán ocasión de escoitar a Isidro Laso, director de Startup Europe na Comisión Europea, recibirán os consellos de Antonio Hyder, director de investigación de Hackers & Founders (California, EEUU) e terán ocasión de compartir un café con emprendedoras de éxito da nosa provincia como María Hermo, cofundadora de Galejobs; Victoria Mariño, cofundadora da consultoría Gálica; Isabel Caamaño, fundadora e directora creativa en Mr. Ce e Noemí Bellas, CEO e fundadora de Líbolis, escuela de valientes.

As inscricións realizaranse a través do seguinte enlace e respetarase a orde de entrada: Aquí

Pode atopar máis información na web do evento e no facebook do Plan de Emprego Local.

AXUDAS DEPUTACIÓN DE A CORUÑA 2018

O Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego da Deputación Provincial da Coruña publicou hoxe, día 15/02/18, as seguintes axudas a empresarios/as:

- Convocatoria de axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia de A Coruña a través do apoio á inversión en bens inventariables. (PEL-Emprende inversión 2018). Máis información

- Programa de incentivos á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (Liña 3. 1. PEL-Pemes). Máis información 

- Programa de incentivos ao mantemento do cuadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (Liña 3.2 PEL-Pemes. mantenimiento). Máis información

AXUDAS PARA PERSOAS EMPRENDEDORAS E AUTÓNOMAS ANO 2018

1. PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO
Programa I: Novas altas no réxime autónomos ou outro réxime especial SS ou mutualidade entre o 1 de outubro 2017 e o 30 de outubro 2018. Prazo de solicitude: ata o 30/09/18.
Programa II: Axudas a persoas autónomas ou as persoas profesionais pola 1º, 2º o 3º contratación que realicen con carácter indefinido. O prazo de solicitude depende da data de contratación.

2. PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS.
Proxectos de ampliación ou modernización de: industrias, fábricas, locais destinados á producción de bens e materiais, prestación de servizos en calquera sector, artesanía, enxeñaría, comercio polo miúdo, etc. Prazo de solicitude: 30/01/18 ao 28/02/18

3. AXUDAS PARA PROXECTOS DE TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS. Prazo ata o 12/02/18

4. AXUDAS PARA O FOMENTO DO EMPREGO EN EMPRESAS PRIVADAS
Programa I: dirixido a empresas de nova creación para o inicio da actividade, contratación, formación e conciliación da vida laboral e familiar. Prazo xeral, ata o 31 de xullo 2018.
Programa II: para empresas ou autónomos cualificados como Iniciativas de Base Tecnolóxica (IEBT). Prazo xeral, ata o 30 de setembro de 2018.

5. GALICIA RURAL EMPRENDE
Axudas dirixidas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias nas zonas rurais, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial. Prazo ata o 26/03/18.

6. AXUDAS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL
Programa I: En cooperativas e sociedades laborais. Prazo ata 01/10/18
Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia. Prazo ata 01/10/18.

Máis información: Servizo de Orientación Laboral. Concello de Curtis.

Axudas Deputación da Coruña

No Boletín Oficial da Provincia do día 10 de marzo se fixeron públicas as axudas dirixidas a entidades agrarias, labregas, perqueiras e entidades sen ánimo de lucro da Deputación Provincial da Coruña para o exercicio 2017 que se especifican a continuación:

2017/1812 Aprobación das bases específicas do programa de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para actividades durante o exercicio 2017 (FO027A)

2017/1814 Aprobación das bases específicas do programa de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para investimentos durante o exercicio 2017 (FO027B)

2017/1817 Aprobación das bases específicas da convocatoria do programa de subvencións FOENIA, dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a realización de investimentos de promoción económica durante o ano 2017

2017/1818 Aprobación das bases específicas reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para a realización de actividades duranteo o ano 2017. (FO028A)

2017/1819 Aprobación das bases especificas reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para investimentos durante o ano 2017 (FO028B)

2017/1861 Aprobación bases específicas reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para actividades de promoción económica 2017

Máis información no BOP Núm 47, do 10 de marzo de 2017.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.