EXAME BANER HORIZONTAL

AXUDAS PARA PERSOAS EMPRENDEDORAS E AUTÓNOMAS ANO 2018

1. PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO
Programa I: Novas altas no réxime autónomos ou outro réxime especial SS ou mutualidade entre o 1 de outubro 2017 e o 30 de outubro 2018. Prazo de solicitude: ata o 30/09/18.
Programa II: Axudas a persoas autónomas ou as persoas profesionais pola 1º, 2º o 3º contratación que realicen con carácter indefinido. O prazo de solicitude depende da data de contratación.

2. PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS.
Proxectos de ampliación ou modernización de: industrias, fábricas, locais destinados á producción de bens e materiais, prestación de servizos en calquera sector, artesanía, enxeñaría, comercio polo miúdo, etc. Prazo de solicitude: 30/01/18 ao 28/02/18

3. AXUDAS PARA PROXECTOS DE TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS. Prazo ata o 12/02/18

4. AXUDAS PARA O FOMENTO DO EMPREGO EN EMPRESAS PRIVADAS
Programa I: dirixido a empresas de nova creación para o inicio da actividade, contratación, formación e conciliación da vida laboral e familiar. Prazo xeral, ata o 31 de xullo 2018.
Programa II: para empresas ou autónomos cualificados como Iniciativas de Base Tecnolóxica (IEBT). Prazo xeral, ata o 30 de setembro de 2018.

5. GALICIA RURAL EMPRENDE
Axudas dirixidas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias nas zonas rurais, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial. Prazo ata o 26/03/18.

6. AXUDAS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL
Programa I: En cooperativas e sociedades laborais. Prazo ata 01/10/18
Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia. Prazo ata 01/10/18.

Máis información: Servizo de Orientación Laboral. Concello de Curtis.

Axudas Deputación da Coruña

No Boletín Oficial da Provincia do día 10 de marzo se fixeron públicas as axudas dirixidas a entidades agrarias, labregas, perqueiras e entidades sen ánimo de lucro da Deputación Provincial da Coruña para o exercicio 2017 que se especifican a continuación:

2017/1812 Aprobación das bases específicas do programa de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para actividades durante o exercicio 2017 (FO027A)

2017/1814 Aprobación das bases específicas do programa de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para investimentos durante o exercicio 2017 (FO027B)

2017/1817 Aprobación das bases específicas da convocatoria do programa de subvencións FOENIA, dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a realización de investimentos de promoción económica durante o ano 2017

2017/1818 Aprobación das bases específicas reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para a realización de actividades duranteo o ano 2017. (FO028A)

2017/1819 Aprobación das bases especificas reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para investimentos durante o ano 2017 (FO028B)

2017/1861 Aprobación bases específicas reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para actividades de promoción económica 2017

Máis información no BOP Núm 47, do 10 de marzo de 2017.

AXUDAS LEADER 2014-2020

Axudas dirixidas a empresarios e emprendedores para a execución de proxectos que deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar localizados no ámbito territorial elixible de aplicación da Estratexia de desenvolvemento local do GDR. 
b) Ser viables técnica, económica e financeiramente, para os proxectos de natureza produtiva, e técnica e financeiramente, para os non produtivos.
c) Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
d) Non estar iniciados na data da presentación da solicitude de axuda. Para estes efectos, considérase como inicio do investimento o comezo dos traballos de construción, ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido dos equipamentos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible.

Máis información: Leader - GDR As Mariñas Betanzos

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.