Numeracion Curtis logos

Cursos de linguaxe administrativa galega e CELGA: 1º cuadrimestre

                                                                    

Resolución do 02 de agosto de 2019 (DOG do 20 de agosto) convoca, con carácter gratuíto, cursos nas EOI de Galicia presenciais e en-liña de linguaxe administrativa galega para funcionarios (LAG) e preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (CELGA). Os cursos realizaranse nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican na convocatoria. Prégase ler o texto completo da convocatoria e consultar os requisitos e a documentación requirida.

PRIMEIRO CUADRIMESTRE

Curso
Horario
Días
Comezo das clases

Linguaxe admva. superior

13:00-15:00 h

Martes, xoves e venres

(anunciarase)

CELGA 2

11:00-13:00 h

Martes, xoves e venres

(anunciarase)

CELGA 4

11:00-13:00 h

Martes, xoves e venres

(anunciarase)

CELGA 4

13:00-15:00 h

Martes, xoves e venres

(anunciarase)


Prazo e lugar de presentación de solicitudes:

Para os cursos do 1º cuadrimestre (outubro-xaneiro): solicitude de praza do 2 ao 11 de setembro en www.eoidigital.com/preinslinguagalega; sorteo de adxudicación o 13 de setembro (o día 14 de setembro poderase consultar na web de inscrición se foi admitido/a); inscrición e entrega de documentación dos solicitantes admitidos: do 16 ao 18 de setembro na secretaria da EOI.

As dúbidas, as dificultades técnicas e mais as solicitudes de información serán atendidas a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e do teléfono 981 546 511. realización do curso preparatorio CELGA non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas oficiais conducentes á obtención dos certificados de lingua galega, expedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Máis información: DOG 20/08/19

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.