Xornada Técnica: Manexo de pragas e enfermidades en horticultura ecolóxica.
Manexo de pragas e enfermidades en horticultura ecolóxica
As 10 horas de duración, están repartidas entre o sábado 28 de marzo, en horario de 16:30 a 20:30 horas, e o domingo 29 de marzo, en horario de 09:00 a 15:00 horas.
Os contidos que trataremos son os seguintes:
▪ Trofobiosis como entendemento básico da razón das pragas e enfermidades
▪ O manexo do chan como supresor de pragas e enfermidades
▪ Biodiversidade como ferramenta fundamental
▪ A microbioloxía como controlador biolóxico
▪ Manexo das principais enfermidades en horticultura ecolóxica
▪ Manexo das principais pragas en horticultura ecolóxica
▪ Produtos e a súa correcta aplicación
▪ Trampas e a súa correcta utilización
Axel Torrejón Pineda, o experto que se fará cargo, é enxeñeiro agrónomo especialista en Agroecoloxía, técnico de proxectos na sede de CERAI Aragón e colaborador de SEAE (Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica).