UV BANNER Curtis 2023 web

COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS CÁRNICOS PROCEDENTES DE PEQUENAS EXPLOTACIÓN


Xornada

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, en colaboración coa Consellería de Medio Rural, organiza a Xornada "COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS CÁRNICOS PROCEDENTES DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS", que se desenvolverá o vindeiro 5 de Novembro.

Contidos do curso:

Oportunidades para os produtos cárnicos amparados baixo a normativa de artesanía alimentaria.
Oportunidades para os produtos cárnicos derivadas das novas regulacións e flexibilizacións en materia de hixiene da produción e comercialización dos produtos alimenticios.
A cadea alimentaria e requisitos dos distintos operadores.
Instalacións necesarias para produtores.
Imparte:
Luis Couto Lorenzo. Inspector Veterinario de Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia.

Persoas destinatarias:

Agricultores/as en activo.
Persoas responsables e traballadores de empresas agroalimentarias.
Persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria.
Persoas en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ao sector primario.
Outras persoas interesadas.

Horario: De 10.00 a 14.00 horas.

Lugar de realización: CASA DA CULTURA VILA CONCEPCIÓN. Praza Vila Concepción, 1. 15679 Cambre (A Coruña)

Inscrición: As solicitudes deberán ser presentadas pola persoa interesada en participar no curso, preferentemente na Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, empregando o seguinte formulario:

https://mediorural.xunta.gal/sites/default/files/temas/formacion/formacion-continua/formacion-2021/Formulario%20solicitude%20de%20asistentes%20(word)%20(2).docx

 

As solicitudes enviaranse ao correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.