UV BANNER Curtis 2023 web

PROGRAMAS DE FORMACIÓN GRATUITOS RED ARAÑA

A Red Araña (www.empleoenred.org), rede de entidades para o emprego de ámbito nacional, levan a cabo Programas de formación para desempregadas/os en colaboración ca Administración Pública, encargada da financiación integral de ditos programas.

Os programas formativos gratuitos que teñen este ano 2022 son: 

> ADELANTE RURAL. é un programa de formación co obxectivo de orientar e fomentar a actividade laboral, emprendedora e profesional das mulleres, promovendo a permanencia na contorna rural incentivando o uso das novas tecnoloxías. É necesario presentar fotocopia do DNI, do DARDE e o certificado de empadroamento para acreditar que é un municipio de menos de 5000 habitantes. O programa inclúe dúas formacións, das que se debe elexir unha en función dos intereses das participantes; As formación son:
- Competencias dixitais para a búsqueda de emprego.
- Empresarias no mundo rural.

> AULAS TIC. Competencias dixitais para persoas desempregadas. Os requisitos necesarios é presentar a fotocopia do DNI e do DARDE. Dentro deste programa realízanse itinerarios personalizados de inserción, levamos a cabo un obradoiro en habilidades sociales orientadas a búsqueda de emprego e unha formación en competencias dixitais orientadas á mellora da empregabilidade. Dentro desta acción, abonaránse BECAS a cada participante por día de asistencia: o importe é de 5 euros o día.

Os contidos das nosas accións son totalmente flexibles, podendo ser adaptado ás necesidades formativas dos asistentes. 

As persoas interesadas poden poñerse en contacto:

Red Araña: Lara Barreiro Amor  Tfno.: 604 018 024

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.