PROBAS CELGA, ANUALIDADE 2023
No DOG de hoxe, 6/3/23, saiu publicada a convocatoria para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4.
O prazo para matricularse é dende o 7 ao 27 de marzo e as probas terán lugar en maio ou xuño de 2023 en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Teñen toda a información dispoñible na páxina https://www.lingua.gal/portada . Nesta páxina tamén teñen dispoñibles cursos de autoformación para a preparación das probas celga.