UV BANNER Curtis 2023 web

Programa Mellora da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo

O Programa Mellora da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo, que pretende desenvolver competencias brandas, que permitirán ás persoas desempregadas destacar, adaptarse a novas situacións e colaborar mellor cos compañeiros e compañeiras, podendo chegar a ser un factor chave para acceder a novas oportunidades, consolidar a súa posición e/ou avanzar na súa carreira profesional.

A Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo ofrece unha formación en habilidades brandas para axudar a desenvolver estas competencias esenciais. Esta formación está deseñada especialmente para persoas en distintas etapas da súa vida laboral e busca mellorar as súas habilidades para que esteas mellor preparado/a na súa carreira profesional.

Data de inicio: 18 de novembro de 2024.

Duración e horarios: 48 horas e sesións a elexir en quenda de mañá e tarde.

Persoas destinatarias: Prioritariamente persoas paradas de longa duración (menores de 30 e maiores de 45). As prazas son limitadas e o prazo de insrcición é ata o 14 de novembro.

As persoas interesadas poden inscribirse aquí:

https://forms.gle/RybdQVzSajwqzbGj9

- Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.