Banner XX Premio de rarracion curta

Curso de Manipulación de Alimentos

O martes, día 14 de marzo a empresa HM Global Consultores vai realizar un curso de manipulación de alimentos no Recinto Ferial de Curtis de 16.00 a 19.00 horas. Prezo: 15€, a pagar o día da formación directamente á empresa. 

As persoas interesadas en realizalo terán que inscribirse previamente en: 

Teixeiro: Telf.981789003 Ext. 37 (Orientación Laboral)

Curtis: Telf. 981777105

Cursos de lingua galega preparatorios das probas Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

No DOG Núm. 47 do 8 de marzo publicase a programación dos cursos de lingua galega preparatorios para as probas Celga para este ano. 

Os centros máis próximos onde se desenvolverán será en Melide, Ordes, A Coruña e Santiago. O prazo de inscrición nos cursos remata o día 28 de marzo.

Se pode consultar o DOG: Aquí

Para máis información: Orientación laboral. Telf. 981789003 Ext. 37

Probas para a obtención do graduado en E.S.O e Bacharel

Como cada ano, a Consellería de Cultura, Economía e ordenación universitaria convocou, no mes de febreiro, as probas libres para a obtención do título oficial da E.S.O e de Bacharel. Os prazos para matricularse nas probas son os seguintes: 

- E.S.O.: para a convocatoria de xuño, do 13 ao 24 de marzo e para a de setembro, do 3 ao 10 de xullo de 2017. O centro máis próximo para presentar a solicitude é o EPA Eduardo Pondal de A Coruña.

- Bacharel: entre o 24 de febreiro e o 10 de marzo de 2017, o centro máis próximo para presentar a solicitude é o EPA Eduardo Pondal de A Coruña. 

Para máis información: Orientación Laboral. Telf. 981789003 Ext.37

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de FP

As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312C ou ED312D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Prazos de inscrición na proba:


Grao Medio: 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos. Exame o 31 de maio de 2017.


Grao Superior: 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos. Exame o 20 de abril 2017.

Máis información: Orientación laboral. Telf. 981789003 Ext. 37

CURSOS GRATUITOS DA ESCOLA VIRTUAL DE IGUALDADE

O prazo de inscripción é do 3 de Octubro de 2016 ata o 3 de Xullo de 2017, o ata que se alcancen as plazas ofertadas.

Cursos de nivel básico:

- Dirixido a todas as persoas interesadas en materia de igualdade entre homes e mulleres.

- Dirixido especificamente a forzas e corpos de seguridade.

Cursos de nivel avanzado:

Dirixidos ás persoas vinculadas:

- Xestión e orientación para o emprego.

-Servizos sociais.

-Empresas e outras entidades.

-Ámbito xurídico.

Máis información e inscrición en: http://www.escuelavirtualigualdad.es/

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.