A empresa Grupo Forma-t colabora coa empresa Greenalia no desenvolvemento de accións formativas con compromiso de contratación para incorporar persoal nos postos de Operadores de empacadoras de Biomasa, que iniciará a súa actividade proximamente no polígono de Teixeiro.
A empresa Forma-t encargarase da formación do persoal no manexo das empacadoras de biomasa, para o cal vai realizar un total de 6 cursos gratuitos de 300 horas, cada un deles contará cun número limitado de 15 prazas e cada curso ten un compromiso de contratación con Greenalia dun mínimo de 6 alumnos/as.
O lugar de impartición dos cursos será: 2 en Vilalba (un en quenda de mañá e outro de tarde) que empezarán no mes de xullo de 2019 e 4 que se desenvolverán previsiblemente en Ordes e Arteixo. Para participar destas accións é imprescindible estar en situación de desemprego, inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia, os participantes terán unha beca de desplazamento (0,19 cent./km).
Para máis información: Servizo de Orientación Laboral. Concello de Curtis. 981789003 Ext. 2037
Para a inscrición: Forma-t, teléfono 982513605 ou no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.