Banner XX Premio de rarracion curta

AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIÓN DA CLASE B E C Á MOCIDADE GALEGA.

No DOG nº 46, do 9 de marzo, publicouse a Orde do 26 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

O prazo para solicitar estas axudas, en réxime de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito orzamentario, estará aberto desde o 10/03/2020 ata o 31/07/2020.

Gasto subvencionable e contía da axuda:

O gasto subvencionable é a suma global (importe a tanto global) de obtención dos permisos de condución obxecto da presente orde, baseado no prezo medio de mercado na Comunidade Autónoma de Galicia para cada tipo de carné.

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.

O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos obxecto da orde.

PROBAS AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE

A Xunta convoca as probas de avaliación das competencias clave nivel 2 e 3 para o acceso ás accións formativas dos certificados de profesionalidade nivel 2 e 3 de cualificación profesional. 

Prazo de inscrición dende o 27 de febreiro ata o 20 de marzo. 

Máis información: Servizo de Orientación Laboral 981789003 Ext.2037

PROBAS OFICIAIS ESO E BACHAREL, ANO 2020

- Para a obtención do título de graduado en educación secundaria (ESO) para maiores de 18 anos. Os prazos de solicitude de matrícula son entre o 16 ao 27 de marzo para a convocatoria de maio de 2020 e do 1 ao 8 de xullo para a convocatoria de setembro de 2020. (DOG Núm. 24 do 5/2/20). Ver Aquí

- Para a obtención do título de Bacharel para maiores de 20 anos. O prazo de solicitude será entre o 27 de febreiro e o 12 de marzo de 2020. (DOG Núm. 24 do 5/2/20).  Ver Aquí

Máis información no Servizo de Orientación Laboral. 981789003 Ext.2037

 

PROBAS DE ACCESO AOS FP DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2020

ORDE do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Máis información: Aquí

CURSO DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS

Sin títuloCURSO DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS

Imparte: HM Global Services

Día: 10 de marzo de 2020. Horario: 16.00 a 19.00 horas. 

Lugar: Recinto Ferial. Curtis.

Prezo: 20 € / persoa

Imprescindible Inscrición previa. 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.