Sesión Informativa: A Oficina virtual de emprego
O vindeiro 23 de outubro ás 12:00 horas celebrarase unha nova edición da sesión INFÓRMATE: A Oficina Virtual de Emprego co obxectivo de dar a coñecer as principais funcionalidades da Oficina Virtual como ferramenta dixital na busca de emprego.
Trátase de sesións grupais organizadas por cada oficina para as persoas que teñan interese en acudir de forma presencial.
As persoas usuarias que esten interesadas deben anotarse a través do portal de emprego emprego.xunta.gal.
Oficinas de emprego participantes:
O.E. As Pontes
O.E. Coruña-Tornos
O.E. Coruña-Monelos
O.E. Vilalba
O.E. Ribadeo (Aula CeMIT Ribadeo)
O.E. Cangas
O.E. Cambados
O.E. A Estrada
O.E. Pontevedra Bisbarra
O.E. Pontevedra Concello


