UV BANNER Curtis 2023 web

O Concello convida aos veciños de todas as idades a participar no Día do Deporte na Rúa os días 24 e 31 de agosto

deporte rua 2017deportesteixeiroA área de Deportes organizará o Día do Deporte na Rúa o xoves, día 24, na Carballeira de Curtis, e o xoves, 31, na Praza de España en Teixeiro, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas.

Estas xornadas, aberta a persoas de todas as idades, enmárcase nas acción impulsadas polo Concello para promover hábitos de vida saudable entre a poboación.

Entre as actividades programadas destacan o fútbol, minibasket, pádel, badmington e carreiras. Tamén realizaranse diversos xogos e instalaranse dous inchables.

Aberto o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas Municipais de Fútbol e Fútbol Sala

Escolas futbolA área de Deportes abre o prazo para a inscrición nas Escolas Deportivas Municipais de Fútbol e Fútbol Sala. A idade mínima para participar é a dos nenos/as nados en 2013.

Para anotarse será necesario cubrir a solicitude e achegar un xustificante do número de conta bancario (certificado bancario, copia da primeira páxina da cartilla, etc. ). Ademas, é obrigatorio aportar é unha fotocopia do DNI e dúas fotos tamaño carné.

A inscrición pode facerse na Casa do Concello en Teixeiro e nas instalacións municipais ubicadas do Recinto Feiral de Curtis.

A creación de equipos e os primeros adestramentos están fixados para:

  • Curtis: luns, 4 de setembro, ás 17.00 horas, no pavillón polideportivo.
  • Teixeiro: martes, 5 de setembro, ás 17.00 horas, no pavillón polideportivo.

Actividades do verán cultural en Curtis e Teixeiro no mes de agosto

Veran cultural agosto 1Dentro do programa de Verán Cultural programado para o mes de agosto pola área de Cultura do Concello de Curtis, inclúense as seguintes actividades, abertas a todo o público:

Teixeiro

Actuación: 'Lume'. Adaptación de Teatro Babaluva inspirado nun texto de Alberto Varela Ferreiro. Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar unha historia de sensibilización medioambiental, utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa.

  • Día. 9 de agosto, mércores
  • Hora: 10.30 horas
  • Lugar: Edificio de Usos Múltiples

Curtis

Actuación: 'Maxia pola igualdade', espectáculo de Fani Triana, que ten como protagonista a una muller que chega a casa despois dunha xornada longa de actividades laborais e inicia outras tarefas nunha dobre xornada ás veces interminábel. A ilusionista creará fantasías coa louza da cociña, vasoiras, roupas, panos, mobiliario do salón, e rematará facendo unha mostra de forza, a mesma que durante tanto tempo levan mostrando as mulleres en favor da loita pola igualdade.

  • Día: 16 agosto, mércores
  • Hora: 12.00 horas
  • Lugar: Edificio Multiusos

As actividades enmárcanse na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

 

Actividades do verán cultural en Curtis e Teixeiro no mes de xullo

veran cultural 2017Dentro do programa de Verán Cultural programado para este mes de xullo pola área de Cultura do Concello de Curtis, inclúense as seguintes actividades, abertas a todo o público:

Curtis

Actuación: 'Peter Punk, peor imposible'. Espectáculo para toda a familis do pallaso galego Isaac Rodríguez, irreverente e inconformista, máis coñecido como Peter Punk.

  • Día: 12 de xullo, mércores
  • Hora: 10.00 horas
  • Lugar: Pavillón polideportivo de Curtis

 Teixeiro

Actuación: 'Eira Xandobeleira'. Ludoteca itinerante, que se compón dunha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos.

  • Día, 19 de xullo, mércores
  • Hora: 11.00 horas
  • Lugar: Praza de España de Teixeiro

As actividades enmárcanse na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Datas para pasar a ITV dos turismos en Curtis e Teixeiro no mes de xullo

itv xullo 2017Datas nas que se achegará neste mes de xullo a oficina móbil da ITV ao noso municipio para a revisión de turismos:

CURTIS

Lugar: Nave xunto ao Campo da Feira

Día: 20 de xullo.

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas, e de 15.15 h. a 18.00 horas.

Día: 21 de xullo.

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas.

TEIXEIRO

Lugar: Xunto ao Pavillón Polideportivo

Día: 24 e 26 de xullo.

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas, e de 15.15 h. a 18.00 horas.

Día: 27 de xullo

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas.

PARA SOLICITAR CITA PREVIA

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.