PREPARACIÓN DAS PROBAS LIBRES DA E.S.O.
O Concello de Curtis organiza e subvenciona, un ano máis, as clases de preparación das probas libres para a obtención do Graduado en Educación Secundaria que convoca anualmente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
As clases comezaron o 17 de marzo e finalizarán o 28 de maio, sendo a proba o día 29, cun total de 15 alumnos/as matriculados.
As persoas interesadas en participar nas clases, nas probas ou obter máis información pódense poñer en contacto coa Orientadora Laboral en 981789003 Ext.37 ou no e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.