Xestor de transporte en empresas de transporte por estrada
Convócanse as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na modalidade de mercadorías como no de persoas para a Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos: domicilio habitual en Galicia.
Convocatorias: Primeira: entre o 1 abril e o 11 xuño de 2017. Segunda: entre o 30 de setembro e o 26 novembro de 2017.
Prazo: Para a primeira convocatoria ata o 28 de marzo de 2017 para a segunda convocatoria do 31 de xullo ao 18 de agosto 2017.
Taxa de exame: 25,45 € por cada modalidade que realice (mercadorías / persoas).
Máis información: Orientación Laboral. Telf.: 981789003 Ext.37