EXAME BANER HORIZONTAL

PROFESIONAIS INDUSTRIA 4.0

 

 

ProfesionaisBaner 600x205

 

Curtis, 8 de xuño de 2020

PROFESIONAIS 4.0 é un programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que permite ás empresas galegas contratar persoas novas co fin de abordar plans de mellora competitiva. Calquera empresa galega, independentemente do seu tamaño, cun plan de mellora ou que preste servizos para a mellora competitiva, pode obter unha axuda do 75% do salario do primeiro ano para contratar ata 5 profesionais.

Se vostede é un recente titulado universitario ou de grao superior de Formación Profesional, debe darse de alta na base de datos de candidatos. A alta é moi sinxela, e permite que as empresas que solicitan a axuda atopen os candidatos axeitados, polo que debe facerse o antes posible. En todo caso, debe ser previa á resolución da convocatoria a finais do 2019. Información específica para os candidatos.

Pola súa parte, as empresas interesadas poden solicitar a axuda ata o 7 de outubro de 2019 utilizando a oficina virtual do IGAPE. Para máis información específica das empresas solicitantes, pulse aquí.

Os contratos deben formalizarse antes do 30/6/2020. Máis información: Aquí

REANÚDASE O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DO CARNÉ DE CONDUCIR

Curtis, 1 de xuño de 2020

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

Contía:

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos permisos.
Xuventude fará anticipos de pagamento do oitenta por cento da axuda.

Requisitos das persoas solicitantes:
- Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/s permiso/s para o/s que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.

Obrigas das persoas beneficiarias:
- Obter o permiso de condución para o que se solicitou a axuda entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 15 de outubro de 2020 e acreditalo.

As solicitudes presentaranse preferiblemente en https://sede.xunta.es co procedemento BS321A
Reanúdase o prazo de presentación de solicitudes ata o 31 de xullo de 2020

AXUDA PARA O ALUGUER DE VIVENDA HABITUAL 2020 - COVID19

22 de maio de 2020

A Xunta publica hoxe a resolución pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual,e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento VI432E)

A contía desta axuda será de ata 500 euros mensuais, sen que en ningún caso poida exceder o importe da renda do contrato. A axuda concederase polo prazo en que se acredite estar en situación de vulnerabilidade como consecuencia do COVID-19, durante un período máximo de 6 meses, e poderá ter efectos retroactivos.

Máis información: DOG 22/05/20

 

ACTUALIZACIÓN DAS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS DO SPEG

Como consecuencia da situación xerada pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 e co obxectivo de minimizar o seu impacto nas persoas demandantes, Emprego Galicia adoptou as seguintes medidas:


- NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de xuño de 2020.
- NON se dará de baixa ás persoas estranxeiras que teñan pendente a renovación dunha autorización administrativa ou estean pendentes de presentar algunha documentación justificativa.
- NON se esixirá a acreditación da procura activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
- Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral. O teu persoal de orientación, poderá contactar contigo, no seu caso, para citas de seguimento telefónico.
- Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, as prácticas non laborais, os talleres de emprego e os programas integrados de emprego.

Información recollida polo Servicio Público de Emprego na web emprego.xunta.gal e confirmada coa Oficina de Emprego de Betanzos. 

 

APOIOS PARA PERSOAS TRABALLADORAS ACOLLIDAS A ERTES

Curtis, 27 de abril de 2020

A Xunta activa unha liña de apoios para que cada traballador/a galego/a acollido/a a un expediente de regulación temporal de emprego (Erte) autorizado e que aínda non cobrara as prestacións por desemprego do Goberno central poida recibir de forma inmediata un anticipo de 1.500 euros, cun tope mensual de 750. O convenio, acordado coas entidades financeiras, permitirá aos/ás empregados/as solicitar un adianto ata que a Administración estatal realice os pagos correspondentes.

As contías dos anticipos estableceranse en función das mensualidades que cada empregado teña pendente de cobro e poderán chegar ata 750 euros ao mes, no caso de persoas con contratos a xornada completa e afección do Erte ao 100% da xornada. Se o contrato fose a tempo parcial ou o Erte afectase só a unha parte da xornada, o adianto reducirase proporcionalmente.

Máis información nos teléfonos 900 815 600 e 900 815 151 e na web de Emprego Galicia (https://emprego.xunta.gal).

Pasos a seguir para a SOLICITUDE . pdfpasos-anticipo-prestacion-erte.pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.