Numeracion Curtis logos

PROBAS DE ACCESO AO CICLO MEDIO E SUPERIOR DE FP. ANO 2017

 

As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312C ou ED312D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Prazos de inscrición na proba:

Grao Medio: 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos. Exame o 31 de maio.

Grao Superior: 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos. Exame o 20 de abril.

Máis información: Orientación laboral. Telf.: 981789003 Ext.37

 

 

I PREMIO PROVINCIAL Á MELLOR INICIATIVA DE EMPREGO

A Deputación da Coruña convocou a primeira edición do Premio á Mellor Iniciativa Empresarial da Provincia. Ao premio poden concorrer pequenas e medianas empresas, microempresas, persoas emprendedoras e autónomas que teñan a súa sede na provincia da Coruña.

O prazo de presentación estará aberto ata o día 30 de decembro e o fallo darase a coñecer a principios de 2017.

Máis información: Aquí  e Bases da convocatoria no BOP nº 211, do 8 de novembro de 2016

Demanda de emprego da empresa que xestionará o Centro de Día de Curtis

 Ccentro dia

O servizo de Orientación laboral do concello de Curtis informa da oferta de emprego presentada pola empresa que vai a xestionar o Centro de Día sito no Concello.

 A empresa demanda os seguintes perfís profesionais:

  • Persoal Xerocultor/a

Titulación: FP Aulixiar de enfermería ou FP Auxiliar de clínica ou Certificado de profesionalidad en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Experiencia mínima de 6 meses en posto similar.

  • Traballador/a social

Titulación: Diplomatura ou Grao en Traballo Social.

Experiencia mínima de 6 meses en posto similar.

  • Terapeuta Ocupacional

Titulación: Diplomatura ou Grado en Terapia Ocupacional.

Experiencia mínima de 6 meses en posto similar.

  • Psicólogo/a

Titulación: Licenciado o Grado en Psicoloxía.

Experiencia mínima de 6 meses en posto similar.

As persoas interesadas en enviar o CV, pódesen pasar polo Concello de Curtis de lunes a venres de 9:00 a 14:00 h ou enviar o seo CV a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O prazo para enviar o CV ábrese desde o luns 18 de Xullo ata venres 22 de xullo ás 14:00 horas.

 

Convocatoria de selección de persoal do Concello de Curtis para a cobertura, con carácter laboral temporal, dun posto monitor/a de tempo libre

servizos 2016

CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL DO CONCELLO DE CURTIS PARA A COBERTURA, CON CARÁCTER LABORAL TEMPORAL, DUN POSTO MONITOR/A DE TEMPO LIBRE

Infórmase a tódalas persoas interesadas en anotarse ao proceso selectivo para a contratación de 1 monitor/a de actividades de tempo libre o seguinte:

  • Prazo de presentación de documentación: Do 09/06/2015 ao 15/06/2016 (ambos incluídos).

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.