EXAME BANER HORIZONTAL

Xornada o 26 de setembro para a Inspección Técnica de Equipos de Aplicación de Fitosanitarios en Curtis e Teixeiro

 

Todas as máquinas de produtos fitosanitarios de máis de 100 litros de capacidade e con máis de 5 anos de antigüidade están obrigadas por lei a inscribirse no ROMA e a pasar a ITEAF (Inspección Técnica de Equipos de Aplicación de Fitosanitarios) antes do 26 de novembro deste ano. ITEAF

Por este motivo, vaise a realizar en Curtis e en Teixeiro unha xornada para a Inspección Técnica, prevista para o día 26 de setembro, nos seguintes lugares e horarios:

  • Curtis: de 9:00 a 14:30 horas, no Recinto Feiral.
  • Teixeiro: de 15:20 a 20:00 horas, na contorna do pavillón municipal.

Os interesados poden xestionar as súas citas desde as propias oficinas municipais, achegándose a pedir hora ou chamando aos teléfonos:

  • Casa do Concello en Teixeiro: 981 789 003
  • Dependencias municipais de Curtis: 981 777 105

Se algunha persoa finalmente non pode acudir á cita, deberá avisar para anulala ou cambiala.

Máis información:

 

Os amantes do culturismo e os deportes de forza e contacto daranse cita o sábado no Teixeiro Summer Festival

Sumer

O pobo de Teixeiro será o escenario este ano do Summer Festival, que dará cita este sábado, día 6, aos amantes do culturismo e dos deportes de forza e de contacto.

Neste evento multidisciplinar poderanse seguir diferentes competicións, algunhas oficiais como as probas de culturismo e todas gratuítas excepto a velada de boxeo que se organizará no pavillón polideportivo de Teixeiro a partir das 21.00 horas.

Desde as 12.00 horas, na Praza de España sucederanse o Open Nacional de Powerlifting, o Campionato de Culturismo e exhibicións, entre outras disciplinas, de Kickboxing, Boxeo, Street Workout, Reto Crossfit e Halterofilia.

Entre os participantes, destaca a presenza, en Culturismo, de Jorge Zamorano, Ramses e Jesús Gallego; de Roberto Rodríguez en Strogman e Víctor Castro en Halterofiilia.

A xornada está organizada polo Concello de Curtis baixo a coordinación de Santiago Fernández Linares, coñecido como Guti.

 

Aberta a inscrición para participar no Día da Bici o vindeiro 13 de agosto

dia bici 2016

A área de Deportes do Concello de Curtis está ultimando os preparativos para a celebración do popular Día da Bici 2016, que se organizará o vindeiro sábado, 13 de agosto. A actividade está pensada para todos os veciños sen límite de idade.

A marcha ciclista saíra desde o pavillón municipal de Curtis e da Casa do Concello, en Teixeiro, e o percorrido finalizará en Xabriño. Ambas salidas están previstas ás 10:30h.

En Xabriño procederáse co sorteo da bicicleta de montaña e coa entrega de trofeos para o participante máis novo, o máis veterán, o grupo ciclista máis numeroso e a bicicleta máis orixinal.

O prazo da inscrición, necesaria para formar parte do sorteo da bicicleta de montaña e da entrega de trofeos, rematará o xoves, 11 de agosto.

 

O Concello activa o Programa Curtis Saudable dirixido a adultos e ao colectivo da terceira idade

 

  • As actividades, que se desenvolverán do 1 de agosto ao 31 de xaneiro, incluirán ximnasia nos parques biosaludables, talleres de psicoestimulación e andainas.

curtis saudable 2016

 

O Concello de Curtis organiza o Programa Curtis Saudable dirixido a adultos e ao colectivo da 3ª idade co obxectivo fundamental de animarlles a ocupar o seu tempo de lecer con actividades físicas moderadas, que melloren a súa saúde e incrementan a calidade de vida dos participantes.

As actividades, de carácter gratuítas, están indicadas especialmente para persoas con sobrepeso, diabetes, colesterol e calquera veciño/a que non queira ou non poida realizar unha actividade física intensa.

Aínda que o prazo inicial de inscrición termina o 15 de xullo, despois desa data as persoas interesadas aínda se poden apuntar nas dependencias municipais. Os horarios son orientativos, podéndose modificar en función das necesidades e demandas dos veciños/as.

O programa, que se desenvolverá desde o un de agosto de 2016 ao 31 de xaneiro de 2017, inclúe:

Ximnasia nos Parques Biosaludables:

  • Luns, de 17.00 a 18.00 horas, en Curtis
  • Martes, de 17.00 a 18.00 horas, en Teixeiro

Talleres de Psicoestimulación:

Neles traballaríase a ximnasia mental, memoria, relaxación, meditación xogos tradicionais e ximnasia de mantemento.

  • Luns:

               - Edificio de Usos Múltiples de Curtis, de 10.45 h. A 11.45 h.
               - Centro Social da Illana, de 12.00 a 13.00 h.

  • Martes:

               - Centro Etnográfico de Teixeiro, de 10.45 h. A 11.45 h.
               - Centro Social de Santaia, de 12.00 a 13.00 h.

  • Mércores:

               - Centro Social de Foxado, de 10.45 h. a 11.45 h.
               - Centro Social de Paradela, de 12.a 13.00 h.

Andainas:

  • Camiñar por Curtis, os xoves, de 10.30 h. a 11.30 h. Saída, diante do pavillón polideportivo.
  • Camiñar por Teixeiro, os venres, de 10.30 a 11.30 h. Saída, diante da Casa do Concelllo.
  • Rutas Interurbanas (datas e horarios por determinar):

              - Teixeiro- Xabriño
              - Curtis- Xabriño
              - Paradela-Santaia

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.