EXAME BANER HORIZONTAL

EMPRÉGATE: O SECTOR NAVAL.

O mércores, día 3 de decembro 2025 ás 12:00 horas, vaise impartir unha sesión grupal dirixida a persoas demandantes de emprego "EMPRÉGATE: O Sector Naval", na que a plataforma empresarial VIGO SHIP REPAIR informaranos das necesidades actuais de contratación no sector naval e os perfís profesionais máis demandados.

As empresas participantes son: 

-Montajes Cancelas: 12 postos de soldadores/as, caldereros/as, tuberos/as e mecánicos/as.

-Chorro Naval: Entre 5 - 10 postos de Pintor/a industrial.

-Regenasa: 30 puestos de carpinteros/as navales para trabajos de habilitación naval e aislamiento.

Se estás interesado/a, reserva a túa praza Aquí

 

ELABORACIÓN DE LISTAXE DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DE OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES - CONCELLO DE CURTIS

Hoxe día 17/10/25 publicouse no Boletin Oficial da Provincia de A Coruña, unha convocatoria de selección, do Concello de Curtis, para a formación dunha listaxe de persoal laboral temporal, coa categoría de operario de servizos múltiples do Concello de Curtis, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio.

As bases íntegras poderán consultarse nas oficinas municipais, na páxina web (www.curtis.gal) e no taboleiro de anuncios electrónico.

APERTURA DE LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL EN SEAGA

Publicado o 6 de outubro de 2025

A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos anuncia a apertura do prazo para a inscrición de candidatas e candidatos nas listas previas de selección de persoal temporal para distintas categorías profesionais.

Este proceso permitirá contar cunha bolsa actualizada de profesionais dispoñibles para cubrir necesidades temporais de persoal ao longo do ano. Toda a información sobre o proceso, requisitos por categoría, documentación que se debe achegar e o formulario de inscrición está dispoñible na páxina web: www.epseaga.com.

Animamos a todas as persoas interesadas a inscribirse canto antes e a achegar a documentación requirida dentro do prazo establecido (mes de outubro) sen agardar ao último momento. Lembramos que a preparación da documentación (titulacións, méritos, certificados, etc.) pode requirir tempo e xestión previa.

Para calquera dúbida, os datos de contacto son os seguintes:

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Teléfono: 981546127

Pode descargar a resolución AQUÍ

Prazo: ata o 31 de outubro de 2025

INFÓRMATE: As oportunidades de emprego na campaña de Nadal no sector de comercio e distribución de grandes superficies

As oportunidades de emprego na campaña de Nadal no sector de comercio e distribución de grandes superficies, coa colaboración de El Corte Inglés.

Nesta sesión grupal se informarán sobre as oportunidades de emprego neste sector, así como dos perfís mais demandados nos seus centros de traballo.

As sesións grupais impartiranse na modalidade presencial por responsables de recursos humanos da empresa El Corte Inglés.

Para poder asistir a sesión grupal a persoa demandante deberá cumprir o seguinte perfil:

-Plena dispoñibilidade para traballar en: A Coruña; Santiago de Compostela e Vigo
-Vendedores
-Liña de Caixa
-Reposición
-Frescos (Carnicería, charcutería, pescadería e frutería). Requírese experiencia previa no sector.
-Persoal de pedidos online
-Camareiros
-Empaquetado
-Auxiliar de almacén
-Auxiliar de lonxa (únicamente para a zona de A Coruña)

Para os postos de traballo non se require experiencia, aínda que sí é valorable e desexable; excepto para os perfís de frescos (carnicería, charcutería, pescadería e frutería) que sí se require experiencia. Para os postos de empaquetado normalmente búscanse perfís de estudiantes que buscan a súa primeira experiencia profesional.

As oficinas organizadoras máis próximas ao concello de Curtis, lugares e días de impartición son os seguintes:

-Mércores 15 de outubro ás 12:00 h.
Lugar de realización: Centro de Novas Tecnoloxías (CNTG)
Capacidade: 25 persoas
Oficina organizadora: OE Santiago Norte
Caixa de correo da oficina organizadora: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

-Xoves 16 de outubro ás 12:00 h.
Lugar de realización: Oficina de emprego Coruña Centro
Capacidade: 25 persoas
Oficina organizadora: OE Coruña Centro
Caixa de correo da oficina organizadora: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

-Venres 17 de outubro ás 12:00 h.
Lugar de realización: COE
Capacidade: 25 persoas
Oficina organizadora: OE Coruña Centro
Caixa de correo da oficina organizadora: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.