‘APP Curtis-Teixeiro’ de participación veciñal
O Concello de Curtis achega a xestión municipal aos veciños a través desta aplicación para móbiles, que facilitará unha comunicación e un contacto máis directo e bidireccional cos cidadáns.
A descarga gratuíta desta APP municipal permitirá que os veciños reciban nos seus teléfonos móbiles de maneira puntual toda a actualidade informativa do concello, así como as alertas e avisos sobre axudas, formación, programación cultural e deportiva, festas, etc. Ademais, inclúe a posibilidade de que os veciños poidan comunicar incidencias ou danos que observen, solicitar a recollida de aveños para o punto limpo ou pedir cita co alcalde e diversos departamentos municipais.
A APP estará en continua revisión e irá incorporando novas posibilidades de información e contactos.