O Concello enche de cultura o Nadal desde o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro
Obras de teatro, contacontos, monicreques, maxia e cinema configuran o programa Nadal Cultural 2017-2018 que porá en marcha a concellaría de Cultura, Educación e Deportes a partir do venres 22 de decembro ata o día 5 de xaneiro.
Como en anos anteriores, as actividades, pensadas para toda a familia e en especial para os máis pequenos, desenvolveranse en Curtis e Teixeiro, do mesmo xeito que as Cabalgatas de Reis, que chegarán aos dous pobos o día 5 e que porán fin, xunto coa festa infantís posteriores, a toda actividade do Nadal.
Ademais, a programación completarase cos Campamentos Urbanos, co fin de axudar á conciliación das familias nesas datas.
NADAL CULTURAL 2017-2018
22 DE DECEMBRO, VENRES
- Patinaxe sobre xeo (avisarase do lugar e hora).
24 DE DECEMBRO, DOMINGO
- 12.00-15.00 horas: Visita de Papa Noël. Percorrido polas rúas de Curtis e Teixeiro.
26 DE DECEMBRO, MARTES
Curtis
- 17.00 horas: 'De bruídos e miañares' de Xarope Tulú. Espectáculo dirixido a un público familiar onde os animais son os protagonistas e que combina a narración oral e a música en directo. No Edificio Multiusos.
Teixeiro
- 17.00 horas: Monicreques, con 'A pequena lúa' de A Xanela do Maxín. Nesta proposta valores como o respecto, a tenrura ou a solidariedade cobran importancia para levar ao espectador a un mundo onde a violencia non ten cabida. No Edificio Usos Múltiples (recinto feiral).
Curtis
- 17.00 horas: Contacontos con 'A sala de catapum chimpun' de O Titiribaile. Que pasa cos contos unha vez que son escritos? Os visitantes axudarán nesta tarefa durante o espectáculo. No Edificio Multiusos.
Teixeiro
- 17.00 horas: Maxia con 'A toda maxia' da Compañía Amima. No Edificio Usos Múltiples (recinto feiral).
28 DE DECEMBRO, XOVES
Curtis
- 17.00 horas: Maxia con 'Kenneth Ilusionist', de Joshua Kenneth. No Edificio Multiusos
Teixeiro
- 17.00 horas: Teatro infantil con 'Comenoites' de Os Naúfragos. Baséase no conto infantil escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración), que conta unha fermosa historia coa que os nenos e nenas descubrirán os misterios da existencia do día e da noite. No Edificio Usos Múltiples (recinto feiral).
Curtis
- 17.00 Horas. Monicreques, con 'Xan Perillán compra queixo, compra pan', de Os Monicreques de Kukas. O espectáculo mestura o clown e a pantomima coa maxia e as marionetas compaxinando o lecer e a educación no consumo responsable. No Edificio Multiusos.
Teixeiro
- 17.00 horas. Teatro familiar, con 'O vendedor de fume' de Ghazafelhos. No Edificio Usos Múltiples (recinto feiral).
2 DE XANEIRO, MARTES
Curtis
- 16.30-19.30 horas. Xogos inchables. No Pavillón Polideportivo.
Teixeiro
- 17.00 horas. Cine nadal. No Edificio Usos Múltiples (recinto feiral).
3 DE XANEIRO, MÉRCORES
Curtis
- 17.00 horas. Cine nadal. No Edificio Multiusos.
Teixeiro
- 16.30-19.30 horas. Xogos inchables. No Pavillón Polideportivo.
4 DE XANEIRO, MÉRCORES
-
Curtis
- 17.00 horas. Obradoiro de Nadal. No Edificio Multiusos.
Teixeiro
- 17.00 horas. Obradoiro de Nadal. No Edificio Usos Múltiples (recinto feiral).
5 DE XANEIRO, VENRES. CABALGATA DE REIS
Curtis
- 16.45 horas. Percorrido polo pobo da Comitiva Real (saída desde a Estación de Tren).
- 17.15 horas: Recepción dos Reis Magos no Edificio Multiusos.
- 18.00 horas. Chocolotada.
Teixeiro
- 16.45 horas. Percorrido polo pobo da Comitiva Real (saída desde a Casa do Concello).
- 17.15 horas: Recepción dos Reis Magos no Edificio Usos Múltiples (recinto feiral).
- 18.00 horas. Chocolotada.
CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL
Horario de mañá desde o 26 de decembro de 2017 ao 5 de xaneiro de 2018.