UV BANNER Curtis 2023 web

O CIM organiza un curso de coidado ás persoas dependentes para mulleres desempregadas

cursocim 2016O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Curtis organiza un curso de administración de alimentos e tratamentos a persoas dependentes no domicilio destinado a mulleres inscritas como demandantes de emprego. O curso impartirase no Edificio Multiusos de Curtis do 11 de abril ao 10 de maio, de  luns a venres, en horario de 10.00 h a 13.00 horas.

O prazo de inscrición á actividade formativa, de carácter gratuíta, está xa aberto e rematará o vindeiro 1 de abril.  As prazas son limitadas.

A inscrición poderá realizarse no CIM, ubicado na Casa do Concello en Teixeiro (Telf. 981 789 003), ou na Oficina Municipal de Curtis (Telf. 981 777 105).

 

Aberta a inscrición até o 3 de marzo para un taller gratuíto de italiano

italiano 2016O Concello de Curtis abriu o prazo de inscrición para un taller gratuíto de italiano, que comezará a impartirse na semana do 7 de marzo. O último día de inscrición será o 3 de marzo.

A profesora será Claudia Pulin, unha moza nativa de Vicenza, Italia, que xunto a Natalia Makarchuc, de Moscova, realiza labores de voluntariado no Concello a través do Servizo Voluntario Europeo.

En función das persoas inscritas, fixarase o horario e o lugar onde se impartirá o taller.

 

Curso de boxeo francés en Teixeiro o fin de semana do 20 e 21 de febreiro

cartelSavateA Federación Galega de Boxeo organizará este fin de semana, 20 e 21 de febreiro, un ‘stage’ técnico de boxeo francés ou Savate dirixido a calquera deportista que desexe mellorar coñecementos sobre esta modalidade, que está a gañar en relevancia e que crece tanto en número de seguidores como de competidores. O Savate é un estilo de combate que utiliza os puños e as pernas. Sistematizado na época posnapoleónica, en Francia, é a única arte marcial nacido en Europa que existe como deporte e defensa persoal.

O curso enmárcase nas actividades programadas no convenio asinado entre a Federación e o Concello de Curtis co fin de potenciar as instalacións deportivas do municipio e impulsar o coñecemento e a práctica de diversas disciplinas deportivas, así como a organización de actividades e campionatos que axuden a promocionar o concello.

A parte teórica do curso impartirase no salón de actos do Centro Etnográfico do Río Mandeo, en Teixeiro, mentres que a práctica desenvolverase no pavillón polideportivo desta localidade. O alumnado poderá durmir de forma gratuíta no albergue das instalacións.

O programa de curso será o seguinte:
Sábado:

  • Savate de competición Combat Assaut, a cargo de Manuel Planas Otero.

Domingo:

  • Regulamento de arbitraxe, a cargo de Francisco Castro Neto.
  • Graos técnicos no Savate, a cargo de Miguel Bordera Pascual.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.