UV BANNER Curtis 2023 web

O Concello de Curtis impulsará a hostalaría, o comercio e a música tradicional na XIX Exaltación dos Cogomelos de Teixeiro

  • Os días 27 e 28 de outubro organizarase a V Feira do Comercio Local de Teixeiro e as rutas gastronómicas en Curtis e Teixeiro.

XIX cogomelosO municipio de Curtis celebrará un dos seus produtos estrela, o cogomelo e as decenas de variedades que crecen nos seus montes, o último fin de semana deste mes de outubro, os días 27 e 28, na que será xa a XIX Exaltación dos Cogomelos en Teixeiro.

Organizada desde a área de Promoción Económica do Concello, incluirá un ano máis accións de impulso da hostalaría, o comercio e a música popular, ao mesmo tempo que incidirá nos aspectos didácticos con expertos e con saídas ao monte co fin de programar unha oferta variada para os centos de afeccionados á micoloxía e aos amantes da gastronomía relacionada con este produto.

Así, durante ese fin de semana, a vintena de locais de hostalaría de Curtis e Teixeiro que se sumaron á ruta gastronómica ofrecerán a oportunidade de degustar distintas tapas, petiscos e pratos elaborados con cogomelos, desde os máis tradicionais aos máis arriscados. Ademais, os visitantes poderán coñecer o mellor comercio de Teixeiro xa que a Asociación de Comerciantes organizará a súa V Feira Local, para a que instalará unha gran carpa na Praza de España con decenas de expositores.

O sábado será a xornada para as charlas micolóxicas, que se impartirán ás 10.00 horas no salón de plenos do Concello, antes da saída ao monte á procura de cogomelos dirixida por expertos micólogos da Asociación Pan do Raposo, á que están convidadas a participar todas as persoas interesadas.

Pola tarde, ás 20.00 horas, celebrarase o V Dakar Ghaiteiro, e a partir das 22.00 horas, a VIII Ruada de Teixeiro, organizada pola asociación cultural Faragulla en casa Miraz, con distintos grupos de cante e baile tradicionais.

  • Tríptico da XIX Exaltación dos Cogomelos pdf

 

Cultura organiza unha viaxe a Segovia, Toledo e Salamanca do 28 ao 30 de setembro

viaxeA área de Cultura do Concello de Curtis organiza para os veciños e veciñas interesados unha viaxe a Segovia, Toledo e Salamanca de tres días, do 28 ao 30 de setembro, co fin de permitir o coñecemento de novas cidades e culturas a prezos máis reducidos.

O número de prazas é de 47 (por orde de inscrición) e os prezos (con todo incluído:  transporte, hotel con pensión completa e guías) son os seguintes:

  • Habitación doble: 147,45 euros por persona
  • Habituación individual: 202,45 euros por persona

As persoas interesadas, que deberán ser maiores de 18 anos, poderán inscribirse ate o 7 de setembro nas dependencias municipais:

  • Casa do Concello, na Praza de España, en Teixeiro. Telf. 981789003
  • Oficina Municipal nas instalacións da Feira Comarcal, en Curtis. Telf. 981777105 

 

 

 

O Día da Bici celebrarase o domingo, 12 de agosto

Bici 18O popular Día da Bici, que organiza a área de Deportes do Concello de Curtis celebrarase o domingo 12 de agosto, e o prazo para inscribirse está aberto ata o día 9 deste mes. A actividade está pensada para fomentar hábitos de vida saudable e para incentivar a participación de todos os veciños, sen límite de idade.

A marcha sairá desde a Casa Consistorial en Teixeiro e desde o pavillón municipal de Curtis, en ambos os casos ás 10.30 horas, e o punto de encontro final será San Roque de Xabriño, onde se entregarán trofeos ao participante máis novo, ao máis veterano, ao grupo ciclista máis numeroso e á bicicleta máis orixinal.

Como en anos anteriores, sortearase unha bicicleta de montaña. Para poder optar a ela, do mesmo xeito que aos trofeos, é necesario estar inscrito. Será obrigatorio levar casco.

  • Lugar de inscrición: Casa do Concello, en Teixeiro, e nas oficinas municipais no Recinto Feiral de Curtis.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.