UV BANNER Curtis 2023 web

Os campamento de verán 2018 do Concello de Curtis serán temáticos e potenciarán a igualdade desde a infancia

CAMPAMENTOS URBANOS CONCELLO DE CURTIS 2018

CARTELOs Campamentos Urbanos organizados polo Concello de Curtis para facilitar a conciliación familiar este verán desenvolveranse desde o 25 de xuño ata o 17 de agosto e serán, un ano máis, de carácter temático en función das quendas elixidas. Nesta edición, ademais, as actividades se desenvolverán cunha perspectiva de xénero para fomentar a igualdade desde a infancia.

Estas son as temáticas:

  • 25 xuño ao 6 de xullo: Stars War
  • 9 ao 20 de xullo: temática Circo
  • 23 de xullo ao 3 de agosto: Disney
  • 6 ao 17 de agosto: Roma

Os campamentos organizaranse de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, excepto os festivos, nas instalacións do CEIP de Teixeiro e no Centro de Lecer Infantil de Curtis.

Para poder participar neles, a idade mínima é a dos nenos e nenas nados en 2014. As actividades incluídas serán atletismo, fútbol, fútbol sala, balonmán, voleibol, padel, bádminton e deportes acuáticos, así como xogos de mesa e de expresión, talleres, manualidades, disfraces e excursións.

A inscrición deberá realizarse ata o 20 de xuño (este día incluído) ben na Casa do Concello de Teixeiro ou nas oficinas municipais de Curtis. O obxectivo desta inscricion é coñecer o número de participantes, pero no caso de non ter claras as datas nas que participar agora se poderán anotar noutras quendas de xullo e agosto. É dicir, en cada quincena darase un prazo para inscribirse na quenda seguinte.

  • Folleto dos campamentos e ficha inscrición: pdf

Campamento de verán da Deputación de A Coruña

campamentos diputacionO prazo de inscrición para os campamentos deportivos de verán da Deputación de A Coruña, destinados a nenos/as de 0 a 14 anos de idades, finalizará o 15 deste mes.

A quenda destinada ao concello de Curtis será do 8 ao 13 de xullo.

  • Díptico e ficha de inscrición: pdf

 

 

Aberto o prazo de inscrición para as actividades de natación, pádel e aquagym este verán

actividades veranA área de Deportes do Concello de Curtis acaba de abrir o prazo de inscrición para as actividades deportivas de natación, pádel e aquagym (ximnasia acuática), que se organizarán do 2 de xullo ao 31 de agosto. 

A inscrición, obrigatoria e que esixirá cubrir a ficha oficial, pódese realizar xa ata o 26 de xuño na Casa do Concello, en Teixeiro, ou nas dependencias municipais no recinto da Feira Comarcal de Curtis. O prezo será de 12,41 euros mes por actividade.

A idade mínima para participar nos cursos de natación será os nados en 2014, e para pádel, os nados en 2010.

O día 2 de xullo, ás 12.00 horas, será cando se distribúan os grupos e os horarios para as actividades nunha reunión nas piscinas municipais.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.