UV BANNER Curtis 2023 web

Xornada sobre o autismo o día 8 de abril

autismoA área de Benestar do Concello de Curtis, a través do CIM, organiza unha xornada sobre autismo o vindeiro día 8 de abril, ás 16.30 horas, no Centro Etnográfico de Teixeiro.

XORNADAS TEA

Ponentes:

Betania Croba Fernández

Profesora da Facultade Ciencias da Saúde e Membro do Grupo de investigación TALIONIS (Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde) da Universidade da Coruña. É Terapeuta Ocupacional e doutora en Ciencias da Saúde pola Universidade da Coruña. Certificación Internacional en Integración Sensorial de Ayres e por CLASI.

Formación específica na etapa da infancia, trastornos do neurodesenvolvemento e en tecnoloxías da iInformación e das comunicacións e método TEACCH.

José Antonio Rama Fandiño.

Director de PASITOS Centro de Desenrolo Infantil.
Graduado en Terapia Ocupacional pola Universidade da Coruña ( UDC) e Posgrao en Adestramento Canino e Introdución ás Terapias Asistidas con Animais pola UDC. Técnico Superior en Integración Social.

Certificación Internacional en Integración Sensorial de Ayres por CLASI. 

 

Intercambios europeos

europaIrmandamento de Cidades que se vai realizar na Comuna de Valdina-Sicilia. 

Incluirá encontros institucionais, cea intercultural, visitas turística, tempo libre, etc

  • Data: do 23 ao 29 de abril.
  • Pode participar calquera persoa sen limite de idade.
  • Os gastos están todos pagados, agás o billete de avión. O aloxamento é en habitación dobre.

 

Intercambio Sicilia, no Municipio de Niza de Sicilia 'Young people build a story of Europe with the common European heritage'.

Participarán ademais de España, Grecia, Alemaña, Italia, Reino Unido, Alxeria e Túnez

  • Idades de 18 a 30 anos.
  • O aloxamento será en S.Alessio Siculo.
  • Ten unha cota de participacion de 125 € e todos os gastos pagos.

Training Course Napoles. "Design Your Waste"

  • Temática "Reciclaxe de materiais"
  • Idades: de 18 a 30 anos.
  • Datas: Do 25 de abril ao 5 de maio.
  • Cota de 50 € de participación.
  • Aloxamento é en habitación dobres.

Máis información, na área de Xuventude do Concello de Curtis. 

Teléfono: 981789003, ext. 2036 / 2032

Excursión a Vila Nova de Cerveira e Valença para a terceira idade o 6 de abril

portugalA área de Benestar Social e de Cultura do Concello de Curtis organiza, no marco do Programa de Lecer Activo para a terceira idade, unha excursión para este colectivo a Vila Nova de Cerveira e Valença do Miño, en Portugal, o sábado, 6 de abril.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición até o día 2 de abril na Casa do Concello en Teixeiro ou nas dependencias municipais de Curtis. É imprescindible presentar o carné da terceira idade.

O número de prazas ascende a 110 e o prezo, de 12,41 euros, inclúe a viaxe e a comida.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.