UV BANNER Curtis 2023 web

A XIX Xuntanza dos Maiores celebrarase o 15 de abril en Teixeiro

xuntanza dos maiores 2018 1A área de Benestar do Concello de Curtis prepara xa a que será a XIX Xuntanza dos Maiores, que se celebrará o 15 de abril, domingo, co fin de ser un punto de encontro para que as veciñas/os de máis idade do municipio se xunten como cada ano a compartir experiencias e vivencias. Ademais, o Goberno local quere recoñecer con esta xuntanza o importante papel que xoga a terceira idade na nosa sociedade.

Nesta edición a celebración será no pavillón deportivo de Teixeiro. Cada ano, o Concello rota o lugar de organización entre as localidades de Curtis e Teixeiro.

As persoas interesadas en acudir poderán retirar as invitacións a partir deste luns, día 12 de marzo, ata o 11 de abril na Casa do Concello, en Teixeiro, ou ben nas dependencias municipais de Curtis. É imprescindible que presenten o carné da terceira idade.

 

Curso gratuíto de PRL para o manexo seguro de camión grúa e pluma

formacionO servizo de Orientación Laboral do Concello de Curtis organiza 'Curso de PRL para o manexo seguro de camión grúa e camión pluma'.

  • Destinatarios: Prioritariamente persoas desempregadas ou persoas que requiran desta formación para o desempeño do seu posto de traballo actual.
  • Lugar: Polígono industrial Curtis-Teixeiro.
  • Imparte: E.C.T. Galicia (Grupo San Martín)
  • Prezo: Gratuíto
  • Prazas, limitadas: 10
  • Inscrición: Ata o 30 de marzo de 2018 na Casa do Concello (2º andar), Teixeiro // Oficina Municipal de Curtis.

Documentación: Cubrir ficha de inscrición e fotocopia da tarxeta de demandante de emprego, de ser o caso.

Curso de preparación das probas libres da ESO

estudianteA área de Educación do Concello de Curtis informa da organización do 'Curso de preparación das probas libres da ESO'

  • Data: 13 marzo 2018 ata o 24 de maio 2018
  • Horario: 20.00 a 22.00 horas de luns a venres.
  • Lugar: Recinto Ferial de Curtis.
  • Requisitos: Mínimo 15 alumnos/as inscritos para o inicio do curso.
  • Inscrición: Prazo do 5 ao 13 de marzo de 2018.

Imprescindible cubrir ficha de inscrición e entregar fotocopia do DNI.

  • Máis información: Servizo de orientación laboral: Telf.: 981789003 Ext.2037

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.