UV BANNER Curtis 2023 web

Curso de operacións auxiliares e electromécanica de vehículos

cochesApertura do prazo para inscribirse no curso 'Operacións auxiliares e electromécanica de vehículos"

Requisitos de acceso:

  • Estar desempregado e inscrito/a na oficina de emprego de Betanzos. Excepcionalmente poden inscribirse persoas empregadas.
  • Non se esixe titulación mínima para participar.
  • O 15/03/2018 ás 15:30 horas terá lugar unha proba de aceso no IES de Curtis.

Lugar e datas onde se impartirá:

  • No IES de Curtis, desde o 19/03/2018 a 28/06/2018. Horario 15:30 a 20:30 / 16:00 a 21:00.
  • Do 18 ao 22 de xuño: prácticas non laborais en empresa (40 horas repartidas en 5 xornadas de 8 horas cada unha).

Módulos

  • MF0620 1. Mecanizado Básico (90 Horas).
  • MF0623 1. Técnicas Básicas De Macánica De Vehículos: (90 Horas)
  • MF0624 1. Técnicas Básicas De Electricidade De Vehículos: (90 Horas)

Módulos transversais

  • Fcoo03, Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero (10) horas.
  • Fcoxxx05, Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e corresponsabilidade familiar e doméstica. (8 Horas).

CERTIFICADO PROFESIONAL NIVEL 1

Inscrición:

Oficina de emprego de Betanzos. (En caso de pertencer a outra oficina de emprego, a inscrición deberá realizala na súa oficina de emprego).

MÁIS INFORMACIÓN

  • Oficina de emprego de Betanzos (881880244)
  • IES de Curtis (Teléfono 881880620)

Teixeiro acolle o primeiro curso en Galicia para formar adestradores de boxeo francés

centroetnografico curtisFroito do acordo de colaboración entre o Concello de Curtis e a  Federación Galega de Boxeo, o sábado, 24 de febreiro, desenvolverase no Centro Etnográfico e no Pavillón Polideportivo de Teixeiro un curso para formar adestradores de Savate ou Boxeo Francés.

Esta disciplina,  que será olímpica en 2024, está a ter cada vez máis seguidores en Galicia e no resto de España e por imperativo da Federación Internacional de Savate, a Federación Galega de Boxeo é a autorizada para desenvolver este deporte na nosa comunidade autónoma.

Este é o primeiro curso para formar adestradores en Savate que se desenvolve en Galicia, elixindo o Concello de Curtis por ter unhas instalacións deportivas idóneas para tal fin.

O Concello de Curtis aposta polo comercio local e a gastronomía ao ampliar a 3 días a celebración do Entroido

  • O programa de actividades, do 11 ao 13 de febreiro, inclúe a 'Ruta DesTAPAte de Sabores de Entroido' en bares e restaurantes de Curtis e Teixeiro.
  • Mantén os 1.800 euros en premios no popular Concurso de Disfraces como vales de compra para establecementos do municipio.

Cartel EntroidoO Concello de Curtis amplía este ano a tres días as actividades programadas para a celebración do Entroido 2018 para potenciar a parte gastronómica desta festa de maneira que, á xa popular festa e concurso de disfraces que se organizará o día grande, 13 de febreiro, festivo local, sumarase unha ruta de tapas o domingo, 11, e talleres de cociña infantil, o luns, día 12.

Este ano o que si se manterá será a aposta do Goberno municipal polo comercio local xa que os premios económicos do concurso de disfraces, tanto para os máis pequenos como para os adultos, de 1.800 euros (900 euros en Curtis e 900 en Teixeiro), serán vales de compra para establecementos do municipio.

O programa incorpora a ruta 'DesTAPAte! Sabores do Entroido do Concello de Curtis' na que máis dunha vintena de bares e restaurantes ofrecerán o domingo, 11 de febreiro, tapas, bocados e menús típicos de Entroido.

  • Consultade aquí as rutas e a súa oferta gastronómica: 
    • Ruta Curtis: pdf
    • Ruta Teixeiro:  pdf

O luns, día 12. a gastronomía manterá o protagonismo, pero neste caso para os máis pequenos, coa organización de obradoiros de cociña infantil, que se organizarán no Recinto Feiral de Curtis e en edificio Usos Múltiples de Teixeiro.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.