EXAME BANER HORIZONTAL

Parcelaria: convocatoria para identificar os días 21 e 22 de marzo as propiedades de varios lugares de Fisteus

aviso parcelariaREESTRUTURACIÓN PARCELARIA DE FISTEUS

Ponse en coñecemento dos propietarios dos lugares de A Lagoa, Penarrubia, Os Couceiros, Os Campos, As Regas, Cencasas, A Hedreira, A Arada, A Insua, A Graña, Martiños, Boipardo, Vilarvello, As Merelas, O Pardiñeiro, Os Dodulfes e O Codeso con parcelas ubicadas en Solo de Núcleo Rural da zona de reestruturación parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña), que cada titular deberá identificar as súas propiedades co número de polígono e de parcela.

Para iso, deberán acudir ó local da Illana coa documentación das mesmas así como o C.E.A para todos aqueles propietarios que posúan explotación agrícola.

 

  • DÍA: 21 e 22 de Marzo.
  • HORARIOS: 10.00 h. a 14.00 horas pola mañán, e 15.00 h. a 18:00 horas pola tarde.

Datas para pasar a ITV dos turismos en Curtis e Teixeiro no mes de abril

itv abrilDatas nas que se achegará no mes de  abril a oficina móbil da ITV ao noso municipio para turismos:

CURTIS

Lugar: Nave xunto ao Campo da Feira

Día: 3 e 4 de abril

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas, e de 15.15 h. a 18.00 horas.

Día: 5 de abril

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas.

TEIXEIRO

Lugar: Xunto ao Pavillón Polideportivo

Día: 6 e 7 de abril

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas, e de 15.15 h. a 18.00 horas.

Día: 10 de abril

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas.

PARA SOLICITAR CITA PREVIA

Telf.: 902 30 90 00
Web: www.sycitv.com

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

 

Seminarios en Curtis e Teixeiro para persoas de máis de 50 anos sobre o uso dos móbiles e o acceso a Internet

  • O prazo de inscrición finalizará o 15 de febreiro.

vodafoneO vindeiro venres, 17 de febreiro, impartiranse seminarios específicos para as persoas de máis de 50 anos sobre o uso dos novos teléfonos móbiles e o acceso a Internet.

As charlas, promovidas pola Asociación Cultural Galega de Formación Permanente para Adultos (Ategal) e a Fundación Vodafone España, durarán dúas horas e celebraranse en Curtis e Teixeiro, nos seguintes horarios e lugares:

Teixeiro:

  • Biblioteca Municipal
  • Horario: De 16.00 a 18.00 horas

Curtis:

  • Oficina Municipal non Recinto Feiral
  • Horario: De 18.30 a 20.30 horas

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.