EXAME BANER HORIZONTAL

A inscrición nos campamentos de Nadal para nenos de 3 a 12 anos finalizará o 16 de decembro

campamento nadal 2016O Centro de Información ás mulleres (CIM) de Curtis abriu o prazo de inscrición para os campamentos urbanos de Nadal para nenos de 3 a 12 anos, postos en marcha como cada ano para axudar ás familias na conciliación durante as vacacións do Nadal.

Os campamentos se desenvolverán do día 26 ao 30 deste mes de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro.

A programación incluirá, entre outras actividades, manualidades, contacontos e xogos, que se impartirán en horario de 10.00 a 14.00 horas no Centro de Lecer Infantil de Curtis e no Recinto Escolar de Teixeiro.

As prazas son limitadas e a data límite de inscrición será o 16 de decembro.

Nestas actividades desenvolvidas polo CIM colabora a Obra Social A Caixa.

Para inscribirse será necesario cubrir os seguintes cuestionarios:

  • Campamentos en Curtis pdf
  • Campamentos en Teixeiro pdf

Para más información, no CIM Curtis. Teléfono 981 789 003

 

Curtis Saudable - O Concello impartirá talleres de corrección postural aos alumnos do IES de Curtis

curtissaude 2016No marco da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde, o Concello de Curtis impulsa o desenvolvemento de talleres de corrección postural no IES de Curtis. Os primeiros están programados para dous grupos de alumnos de 1º da ESO (12 anos) o vindeiro luns, día 28 de novembro, de 11.35 horas a 12.25 horas e de 12.45 a 13.35 horas.

As clases, que se inclúen nos acordos adoptados pola Mesa Sectorial, onde están presentes representantes municipais, dos centros escolares e dos centros médicos, serán impartidas por persoal municipal de deportes, o técnico e a monitora deportiva.

O Concello de Curtis desenvolve a Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde co fin de potenciar hábitos e estilos de vida saudable optimizando os recursos dos que dispón o municipio.

Curtis saudable - O Concello programa este mes andainas urbanas con monitor o 18 en Curtis e o 25 en Teixeiro

curtissaude 2016Co fin de animar á poboación a ocupar o seu tempo de lecer con actividades físicas moderadas, que melloren a súa saúde e incrementen a súa calidade de vida, este venres, 18 de novembro, está programada una andaina polo núcleo urbano de Curtis na que os participantes irán acompañados dun monitor deportivo do Concello.

A saída está fixada ás 16.00 horas no Pavillón Polideportivo de Curtis e a volta será ás 17.30 horas ao mesmo lugar. A actividade é de carácter gratuíto e entregarase un chaleco reflector aos participantes.

Esta actividade enmarcarse na Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde, á que se sumou o Concello de Cutis co fin de potenciar hábitos e estilos de vida saudable optimizando os recursos dos que dispón o municipio.

A próxima andaina realizarase o vindeiro o venres, 25 de novembro, no núcleo de Teixeiro, saíndo do Centro Etnográfico do Río Mandeo ás 16.00 h. para chegar ás 17.30 horas.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.