UV BANNER Curtis 2023 web

O día 18 instalarase en Teixeiro unha carpa informativa sobre a xestión de residuos e a reciclaxe

carparecicla 2016cartelrecicla 2016O día 18 de novembro, venres, instalarase unha carpa en Teixeiro para informar, formar e sensibilizar aos cidadáns sobre a súa necesaria colaboración na xestión sustentable dos residuos sólidos. Na rúa Faragulla, de 10.30 a 13.30 horas, monitores ambientais, apoiados de diverso material didáctico e divulgativo, explicarán os beneficios de adoptar as prácticas vinculadas ao tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).

O CIM de Curtis organiza un curso de axudante de cociña en hostalería para mulleres desempregadas

 

cursoCimO Centro de Información ás Mulleres de Curtis organiza un curso de axudante de cociña para hostalería, que se impartirá desde o 7 de novembro até o 7 de decembro. A acción formativa organizarase no Centro Etnográfico de Teixeiro e na Biblioteca Municipal os mércores, de 10.00 a 13.00 horas, e os luns, martes, xoves e venres, de 17.00 a 20.00 horas.

A actividade, que é gratuita, está destinada a mulleres inscritas como demandantes de emprego.

O prazo de inscrición ao curso remata o vindeiro 2 de novembro. As prazas son limitadas. A inscrición poderá realizarse no CIM, ubicado na Casa do Concello en Teixeiro, ou nas Oficinas Municipais de Curtis.

O desenvolvemento do curso enmárcase no Programa de Mellora da Empregabilidade ás Mulleres subvencionado pola Deputación da Coruña.

 

Orientación Laboral organizará en outubro un curso gratuíto de carretilla elevadora de 12 horas

 

cursoA área de Orientación Laboral do Concello de Curtis organizará os días 21 e 22 de outubro un curso gratuíto de carretilla elevadora, que durará 12 horas.

  • Día 21: De 16.00 a 20.00 horas.
  • Día 22: De 9.00 a 13.00 horas e de 14.30 a 18.30 horas.

As clases impartiraas ECT Galicia (Grupo San Martín) no Polígono Industrial Curtis-Teixeiro. A acción formativa é para 20 persoas, que serán admitidas por orde de inscrición e terán preferencia as persoas empadroadas no municipio.

Os interesados poden inscribirse até o 10 de outubro na Casa do Concello (2º andar), en Teixeiro, ou nas oficinas municipais de Curtis. Será necesario que cubran a ficha de inscrición e entreguen a copia de demandante de emprego.

Máis información en Orientación Laboral: 981789003, ext. 37.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.