UV BANNER Curtis 2023 web

O Concello organiza un curso gratuíto para formar en técnicas de condución segura

 

A área de Promoción Económica do Concello de Curtis organizará o vindeiro día 24 de setembro un  curso gratuíto sobre técnicas de condución baixo a denominación 'Conduce ti'. A iniciativa, que combinará clases teóricas e prácticas, pretende formar, especialmente á xuventude, nos hábitos da condución segura. cartel conduce 2016

  • Día: 24 Setembro 2016.
  • Horario: 9.00 a 15.00 horas.
  • Destinatarios: Darase prioridade aos mozos/as.
  • Lugar: Polígono Industrial Curtis- Teixeiro.
  • Imparte: E.C.T. Galicia ( Grupo San Martin).
  • Prezo: Gratuíto.
  • Actividade: Combinaranse as clases teóricas sobre as diversas técnicas de condución con prácticas con vehículo tipo turismo:

- Simulador de superficies esvaradías.
- Freada con ABS.
- Freada con avaría.
- Slalom.
- Círculo de Kann.

  • Máis información e inscricións:

- Casa do Concello en Teixeiro (Orientación Laboral). Telf. 981789003 ( ext.37)
- Oficina Municipal de Curtis. Telf. 981777105.

  • Prazo de inscrición: ata o 14 setembro (prazas limitadas a cubrir por orde de inscrición ás persoas empadroadas no concello de Curtis).

 

Xornada o 26 de setembro para a Inspección Técnica de Equipos de Aplicación de Fitosanitarios en Curtis e Teixeiro

 

Todas as máquinas de produtos fitosanitarios de máis de 100 litros de capacidade e con máis de 5 anos de antigüidade están obrigadas por lei a inscribirse no ROMA e a pasar a ITEAF (Inspección Técnica de Equipos de Aplicación de Fitosanitarios) antes do 26 de novembro deste ano. ITEAF

Por este motivo, vaise a realizar en Curtis e en Teixeiro unha xornada para a Inspección Técnica, prevista para o día 26 de setembro, nos seguintes lugares e horarios:

  • Curtis: de 9:00 a 14:30 horas, no Recinto Feiral.
  • Teixeiro: de 15:20 a 20:00 horas, na contorna do pavillón municipal.

Os interesados poden xestionar as súas citas desde as propias oficinas municipais, achegándose a pedir hora ou chamando aos teléfonos:

  • Casa do Concello en Teixeiro: 981 789 003
  • Dependencias municipais de Curtis: 981 777 105

Se algunha persoa finalmente non pode acudir á cita, deberá avisar para anulala ou cambiala.

Máis información:

 

Os amantes do culturismo e os deportes de forza e contacto daranse cita o sábado no Teixeiro Summer Festival

Sumer

O pobo de Teixeiro será o escenario este ano do Summer Festival, que dará cita este sábado, día 6, aos amantes do culturismo e dos deportes de forza e de contacto.

Neste evento multidisciplinar poderanse seguir diferentes competicións, algunhas oficiais como as probas de culturismo e todas gratuítas excepto a velada de boxeo que se organizará no pavillón polideportivo de Teixeiro a partir das 21.00 horas.

Desde as 12.00 horas, na Praza de España sucederanse o Open Nacional de Powerlifting, o Campionato de Culturismo e exhibicións, entre outras disciplinas, de Kickboxing, Boxeo, Street Workout, Reto Crossfit e Halterofilia.

Entre os participantes, destaca a presenza, en Culturismo, de Jorge Zamorano, Ramses e Jesús Gallego; de Roberto Rodríguez en Strogman e Víctor Castro en Halterofiilia.

A xornada está organizada polo Concello de Curtis baixo a coordinación de Santiago Fernández Linares, coñecido como Guti.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.