Prazas de voluntariado para proxectos de turismo e desenvolvemento local en Belví, Cerdeña
A área de Xuventude do Concello de Curtis informa de que hai prazas de voluntariado para dous proxectos en Belví, en Cerdeña (Italia).
European Youth Autumn (EYA I)
- Datas: 01/10/2016 – 30/10/2016 (1 mes)
- N.o prazas: 3
- N.o total participantes: 12
Países participantes: España, Malta, Alemania, Letonia.
Proxecto: Apoio turístico.
As 3 persoas voluntarias participarán no evento “Giochi e Sapori in Barbagia”, que está dirixido a mellorar os recursos enogastronómicos, culturais e naturais da zona do interior de Cerdeña. Para iso, as tarefas principais, entre outras, dos participantes serán:
- Apoio na preparación nas áreas de exhibición.
- Apoio en comunicación e material de promoción, así como a súa difusión
- Axuda na oficina de información.
- Axuda na coordinación no concurso de pintura “Bellevie”
Os/as interesados/as en participar neste proxecto, deben enviar unha carta de motivación máis o seu CV antes do 24 de xuño ao email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
European Youth Autumn (EYA II)
- Datas: 01/9/2016 – 30/06/2016 (10 meses)
- N.o prazas: 1
- N.o total participantes: 2
Proxecto: Potenciación e desenrolo de Belvì
As dúas persoas voluntarias desenrolarán as súas tarefas en tres ámbitos:
- CULTURAL: axudarán na biblioteca municipal e no Concello coas actividades que alí se
desenrolen, así como no Museo de Ciencias Naturais.
- MEDIO AMBIENTE: axuda na promoción de concienciación no coidado do medio ambiente
mediante actividades de diversa índole (reciclado, camiñatas...)
- SOCIAL: axuda nas actividades que se vaia crear para os maiores e nenos no centro recreativo do municipio.
Os/as interesados/as en participar neste proxecto, deben enviar unha carta de motivación máis o seu CV antes do 10 de xuño ao email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.