Banner XX Premio de rarracion curta

Axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño

Axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma16)

cocinaNormativa

Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 184 do 27/9/2017).

Obxecto

Convocar axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

O Igape publicará na súa páxina web www.igape.es/reforma17 a relación actualizada en todo momento dos establecementos de venda adheridos ao programa.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas, maiores de idade, consumidores individuais, propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial situados na C.A. de Galicia, sempre que os bens subvencionables descritos no artigo 3 se adquiran nunha entidade colaboradora adherida ao programa Reforma16 e se destinen ao dito inmoble. A titularidade dos dereitos sobre os inmobles non poderá comportar ánimo de lucro.

Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas

Serán subvencionables as operacións de adquisición de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño (excluídos electrodomésticos) realizadas nun establecemento de venda adherido, que cumpran as seguintes condicións:

  1. Adquirir un ou varios bens obxecto de subvención nalgún dos establecementos de venda adheridos á presente iniciativa.
  2. Para ser subvencionable unha operación de compra deberá acadar un custo mínimo de 1.000 € (sen incluír IVE).
  3. A subvención máxima que se percibirá por persoa física será de 1.000 € nunha ou varias operacións.
  4. Os bens obxecto de axuda deberán ser destinados, nun prazo de tres meses desde a solicitude, á reforma ou nova instalación de mobiliario no enderezo indicado na solicitude de axuda. Este domicilio non poderá figurar en ningún expediente doutro solicitante de axuda ao abeiro deste programa. Os beneficiarios da axuda declararán responsablemente que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional.
  5. Os establecementos de venda deberán identificar claramente os materiais e pezas de mobiliario susceptibles de axuda conforme o establecido nestas bases.
  6. Quedan expresamente excluídos: a man de obra da reforma; os electrodomésticos; as ventás e os seus marcos; portas de paso e os seus marcos; estufas e cociñas de gas, leña, pellets ou similares e radiadores de calquera tipo; cortinas e estores.
  7. Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

Non se considerarán subvencionables os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento nin os gastos realizados en bens usados.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día da presentación da solicitude e o derradeiro día do prazo de xustificación.

O IVE considerarase gasto subvencionable, dado que os beneficiarios son particulares, para xustificar o cal será necesario realizar unha declaración responsable (establecida na solicitude-anexo II) en que se indique que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional. Porén, para calcular a contía da subvención terase en conta o prezo dos bens impostos excluídos.

Contía da axuda

Será dun 20 % sobre o prezo dos bens, impostos excluídos, e antes do desconto requirido no seguinte parágrafo, cun máximo acumulado de subvención de 1.000 € por beneficiario.

A axuda do Igape virá condicionada a un desconto realizado polo establecemento de venda, que será realizado sobre a base impoñible da factura, de importe polo menos da mesma contía que a axuda outorgada polo Igape.

A diferenza de prezo sobre a base impoñible resultante para o comprador dos bens obxecto de axuda será do 40 % desta, cos límites expostos, mediante o desconto e a subvención á compra, sen prexuízo de calquera desconto adicional que se poida obter por políticas concretas de venda ou promocións dos establecementos ou fabricantes.

En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao seu valor do mercado.

Presentación de solicitudes

As entidades colaboradoras do programa Reforma17 son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).

O comprador ou compradora dirixirase a unha entidade colaboradora e elixirá un conxunto de bens para adquirir que cumpra os requisitos mínimos exixidos.

Na páxina web do Igape ( http://www.igape.es/reforma17 ) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras do programa Reforma16.

Documentación

  1. Solicitude do beneficiario asinada (anexo II).
  2. Un dos seguintes documentos no que estea identificado sen dúbida ningunha o nome da persoa solicitante e o domicilio completo (que deben ser os mesmos que figuran na solicitude de axuda, anexo II): Copia da escritura da vivenda a nome da persoa solicitante, ou Certificado de empadroamento, só no caso de opoñerse á súa consulta; Recibo do IBI do domicilio da reforma a nome da persoa solicitante, ou recibo domiciliado a nome da persoa solicitante, de auga, electricidade, gas, etc. do domicilio da reforma.
  3. Factura xustificativa.
  4. Xustificante bancario do pagamento realizado polo beneficiario.

Prazo

  • O prazo de adhesión das entidades colaboradoras será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG (procedemento do Igape co código IG218). Ata o 27 de outubro de 2017.
  • O prazo de presentación de solicitudes de axuda (que inclúen a documentación xustificativa e a solicitude de cobramento) comezará aos 10 días hábiles despois da publicación desta convocatoria no DOG e finalizará o 17 de novembro de 2017 agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.. (procedemento do Igape co código IG219).
  • O prazo de xustificación da axuda estenderase ata o 1 de decembro de 2017.

Máis información do procedemento

  • Páxina web do Igape: http://www.igape.es
  • Teléfono de información do Igape: 900 81 51 51.
  • Enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Departamento de Servizos Sociais do Concello de Curtis

Subvencións para a instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en vivendas

ascensorNormativa

Orde do 23 de agosto de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, e se convocan para o ano 2017, con carácter plurianual. (DOG nº 167 do 4/9/2017)

Obxecto

Incentivar a colocación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade, en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex, así como nas vivendas unifamiliares, para favorecer o dereito á accesibilidade universal, no ámbito concreto da accesibilidade arquitectónica.

Actuacións subvencionables

  • A instalación de ascensores, de elevadores, de salvaescaleiras e demais dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares que carezan deles.
  • Os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e os custos en equipamentos, en materiais, en obra civil e en man de obra asociados á instalación do ascensor e dos demais dispositivos de accesibilidade, de xeito que estes queden operativos. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.

Non serán subvencionables as actuacións que se iniciasen antes da data de presentación das solicitudes.

O prazo de execución virá fixado na resolución de concesión, sen que poida ser superior a 12 meses, contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Persoas beneficiarias

As comunidades de persoas propietarias, as persoas físicas propietarias únicas de edificios de vivendas, as persoas físicas propietarias dun dúplex nun edificio de tipoloxía residencial colectiva e as persoas físicas propietarias dunha vivenda unifamiliar.

Considerarase como persoa propietaria única do edificio a persoa física titular do pleno dominio do edificio.

Para o caso de vivenda dúplex nun edificio de tipoloxía residencial colectiva e de vivenda unifamiliar, exixirase que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria non excedan 3,5 veces o IPREM.

Unidades de convivencia e cómputo de ingresos

Para o cómputo de ingresos, considérase unidade de convivencia o conxunto de persoas que habitan e gozan dunha vivenda de forma habitual e permanente e con vocación de estabilidade, con independencia da relación que exista entre todas elas. Unha unidade de convivencia pode estar composta por varias unidades familiares. A composición da unidade familiar será a que se estableza na normativa reguladora do IRPF.

No caso de vivendas dúplex en edificios de tipoloxía residencial colectiva e de vivendas unifamiliares, os ingresos das persoas membros da unidade de convivencia determinaranse de conformidade coa normativa reguladora do IRPF.

O número de veces do IPREM resultante ponderarase en función dos seguintes coeficientes multiplicativos, segundo corresponda:

  • Familias dun membro: 1,00.
  • Familias de dous membros: 0,90.
  • Familias de tres membros: 0,80.
  • Familias de catro membros: 0,75.
  • Familias de cinco ou máis membros: 0,70.

Se a unidade de convivencia está composta por máis dunha unidade familiar das establecidas na normativa do IRPF, os ingresos de cada unha, convertidos en número de veces o IPREM e ponderados conforme o anterior, sumaranse e o resultado debe ser inferior ao límite máximo.

Se algún membro da unidade familiar é unha persoa con discapacidade, nas condicións establecidas para o IRPF, o coeficiente multiplicador aplicable será o do tramo seguinte ao que lle correspondese.

No caso de mulleres xestantes, o/a fillo/a ou fillos/as concibidos e non nados contarán como membros da unidade familiar, para os efectos da aplicación do coeficiente multiplicador, sempre que desta fórmula se obteña un maior beneficio. Igual tratamento terá a acreditación de adopción en trámite.

Contía das subvencións

A contía será en tódolos casos do 60% do gasto subvencionable, sen que poida exceder dos seguintes límites:

a) Para as edificacións e vivendas sitas en ámbitos históricos e dos camiños de Santiago:

  • Vivendas unifamiliares e dúplex: 4.500 €.
  • Edificios de tipoloxía residencial colectiva con 8 vivendas ou menos: 35.000 €.
  • Edificios de tipoloxía residencial colectiva con máis de 8 vivendas: 28.000 €.

b) Para as edificacións e vivendas que non estean situadas en ámbitos históricos e dos camiños de Santiago:

  • Vivendas unifamiliares e dúplex: 2.500 €.
  • Edificios de tipoloxía residencial colectiva con 8 vivendas ou menos: 25.000 €.
  • Edificios de tipoloxía residencial colectiva con máis de 8 vivendas: 18.000 €.

c) Cando a actuación consista na instalación dun salvaescaleiras: 1.000 €, en caso de salvaescaleiras de cadeira, e os 2.000 €, en caso de salvaescaleiras de plataforma.

Documentación

Solicitude | Presentación electrónica na sede

  1. De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa física solicitante.
  2. No caso de solicitudes en nome de comunidades de persoas propietarias, certificado da persoa que exerza as funcións de secretario/a, en que se recolla tanto o acordo de solicitar a axuda deste programa como o nomeamento da persoa que a represente na tramitación do expediente (anexo II).
  3. Anexo III, de comprobación de datos e declaración responsable da composición da unidade de convivencia, para o caso de persoas propietarias de vivendas dúplex e de vivendas unifamiliares. No suposto de non estar obrigado/a a presentar a declaración do IRPF, deberase presentar o modelo de devolución e copia da notificación-liquidación emitido pola AEAT. No suposto de que non se achegase o citado modelo, deberase achegar unha declaración responsable de todos os ingresos obtidos, á cal deberá xuntar, de ser o caso, o certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas en que estivese de alta no devandito exercicio, certificado de pensións, prestacións periódicas, certificado do Servizo Público de Emprego e certificados das entidades bancarias de rendementos do capital mobiliario.
  4. Proxecto redactado por técnico/a competente ou memoria das actuacións do edificio ou vivenda.
  5. Informe de avaliación do edificio.
  6. Título que acredite a propiedade das vivendas en que se solicite a instalación do dispositivo de accesibilidade: no caso de persoas físicas acreditarase a propiedade cunha nota simple rexistral e no caso das comunidades de persoas propietarias acreditarase coa copia da escritura da división horizontal.

Lugar de presentación

As comunidades de persoas propietarias e as súas persoas representantes deberán presentar a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

As persoas físicas deberán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Deberá dirixirse á área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) onde estea situado o edificio ou a vivenda.

Prazo de presentación

Rematará o 2 de novembro de 2017 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS

Información e asesoramento:

  • Servizos Sociais do Concello de Curtis.

 

Axudas a mulleres e a mozas e mozos emprendedores

No DOG Núm. 148, do 4 de agosto de 2017emprender publicáronse as seguintes axudas dirixidas a emprendedores/as:

1. EMEGA: PARA MULLERES EMPRENDEDORAS.

Prazo: 1 mes dende o día seguinte á publicación.

  • Liña Emprende: Por inicio de actividade entre o 1 de agosto 2016 e a finalización do prazo desta axuda.
  • Liña Innova: Para implantar medidas innovadoras para a mellora da competitividade.
  • Liña Activa: Para a reactivación de empresas en situación económica adversa.
  • Liña ITEF: Para iniciativas con carácter científico e tecnolóxico.
  • + Axudas complementarias: para a conciliación e de participación en programas de titorización

2. PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA DE GARANTÍA XUVENIL

Para mozos/as menores de 30 anos.

  • Programa I: Por inicio de actividade entre o 1 de outubro 2016 e o 30 de setembro de 2017. Prazo de sollicitude ata o 30 de setembro.
  • Programa II: Para a contratación de mozos de maneira temporal ou indefinida.
  • Programa III: Axuda dirixida a entidades sen ánimo de lucro, asociacións, ONG, etc.

- Consutade o EMEGA 2017: pdf

- ORDE axudas para mozos/as: pdf

Máis información e asesoramento:

  • Servizo Orientación Laboral Concello de Curtis
  • Telf. 981789003 Ext.37

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.