Banner XX Premio de rarracion curta

Axudas dirixidas a entidades agrarias, labregas e sen ánimo de lucro

bop copyNo Boletín Oficial da Provincia do día 10 de marzo se fixeron públicas as axudas dirixidas a entidades agrarias, labregas, pesqueiras e entidades sen ánimo de lucro da Deputación Provincial da Coruña para o exercicio 2017 que se especifican a continuación:

 

  • 2017/1818 Aprobación das bases específicas reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para a realización de actividades duranteo o ano 2017. (FO028A)
  • 2017/1819 Aprobación das bases especificas reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para investimentos durante o ano 2017 (FO028B)
  • 2017/1817 Aprobación das bases específicas da convocatoria do programa de subvencións FOENIA, dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a realización de investimentos de promoción económica durante o ano 2017.
  • 2017/1812 Aprobación das bases específicas do programa de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para actividades durante o exercicio 2017 (FO027A)
  • 2017/1814 Aprobación das bases específicas do programa de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para investimentos durante o exercicio 2017 (FO027B)

Máis información no BOP Núm 47, do 10 de marzo de 2017.

 

 

Subvencións destinadas á renovación total ou parcial de ascensores

Plan Renove ascensores


ascensores 2017Normativa

ORDE do 27 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas á renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Renove de ascensores), e se convocan para o ano 2017 (código do procedemento IN532A). (DOG nº 45 do 6/03/2017)

Obxecto

Incentivar a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estes investimentos en renovación de ascensores deberán permitir unha redución anual, cando menos, do 35 % no uso da enerxía convencional ou un incremento xustificable na seguridade.

Gastos subvencionables

Custos en equipamentos, materiais, obra civil, man de obra e os impostos indirectos asociados para a reforma e posta en servizo do ascensor, de xeito que este quede operativo. Estes gastos deberán corresponder de maneira indubitativa coas actuacións subvencionables.

Os gastos subvencionables deberán ser ofertados, presupostados, realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2017 e a data límite establecida para a presentación da documentación xustificativa da subvención (15 de novembro de 2017).

Non se considerarán subvencionables as actuacións cun investimento inferior a 5.000 euros por ascensor.

Contía

O importe da axuda será dun 50 % do investimento subvencionable por ascensor pero en ningún caso, baixo esta convocatoria, poderá concederse unha subvención superior a 10.000 euros por ascensor e 20.000 euros por comunidade.

Beneficiarios

Comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e legalmente constituídas de acordo cos artigos 2º e 5º da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, sempre que nelas concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e estean ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Documentación

Solicitude | Presentación electrónica na sede

Documentación xurídico-administrativa da comunidade solicitante:

  • NIF da comunidade de propietarios en vigor (non será necesaria a súa compulsa cando conteña o código seguro de verificación que cumpra co disposto no artigo 18º.1.b) da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos electrónicos).
  • Acta onde conste o nomeamento do presidente ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a este aspecto.
  • Acta onde conste o acordo da xunta de propietarios, coa maioría legalmente establecida, para solicitar a subvención ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a este aspecto. No caso de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor, certificacións expedidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Documentación xustificativa dos investimentos:

  • Memoria descritiva das actuacións subvencionables realizada pola empresa mantedora/conservadora na cal se xustifiquen os aforros enerxéticos ou o incremento da seguridade.
  • Orzamento desagregado e detallado dos investimentos.
  • Cando resulte de aplicación,copia das tres ofertas solicitadas e, en caso de non se optar pola máis vantaxosa, memoria xustificativa da elección. No caso de non presentar as ofertas por concorrer algunha das circunstancias indicadas na citada base, deberase indicar o motivo.

Prazo de presentación de solicitude

Tres meses contados desde o día seguinte ao da publicación da orde. Ata o 8 de maio de 2017, por ser o día 6 inhábil.

Máis información

Consellería de Economía, Emprego e Industria. Dirección Xeral de Enerxía e Minas, a través dos seguintes medios:

  1. Páxina web oficial da consellería: http://ceei.xunta.gal
  2. O teléfono da devandita dirección xeral: 981 95 71 87 ou 981 54 55 72,
  3. O enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.,

Máis información: Servizos Sociais Curtis. Telf. 981 789 003

Anuncio de audiencia sobre a ordenanza reguladora do depósito, carga e transporte da madeira de tala

servizoscurtis 2016 copy copyO Concello de Curtis ten previsto derogar a actual Ordenanza Municipal reguladora de plantacións, cortas e extraccións de madeira que foi publicada definitivamente no BOP nº 135 de 17/07/2013, e aprobar unha nova Ordenanza Municipal reguladora do depósito, carga e transporte da madeira de tala.

En virtude do disposto no art. 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, abriuse un periodo de consulta pública ata o 17 de febreiro para recabar a oponión dos suxeitos e das organizacións reprsentativas potencialmente afectadas pola futura ordenanza.

Unha vez pasado dito prazo, procede publicar o borrador do texto e abrir un trámite de AUDIENCIA para os cidadás, organizacións ou asociacións afectados, no que poderán presentar as aportacións que estimen oportunas ata o día 3 de marzo de 2017.

Curtis, 21 de febreiro de 2017

  • Anuncio da audiencia pdf
  • Borrador da nova normativa municipal pdf

 

 

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.