EXAME BANER HORIZONTAL

Prazas de voluntariado para proxectos de turismo e desenvolvemento local en Belví, Cerdeña

europeo 2016

A área de Xuventude do Concello de Curtis informa de que hai prazas de voluntariado para dous proxectos en Belví, en Cerdeña (Italia). 

European Youth Autumn (EYA I)

  • Datas: 01/10/2016 – 30/10/2016 (1 mes)
  • N.o prazas: 3
  • N.o total participantes: 12

Países participantes: España, Malta, Alemania, Letonia.

Proxecto: Apoio turístico.

As 3 persoas voluntarias participarán no evento “Giochi e Sapori in Barbagia”, que está dirixido a mellorar os recursos eno­gastronómicos, culturais e naturais da zona do interior de Cerdeña. Para iso, as tarefas principais, entre outras, dos participantes serán:

­ - Apoio na preparación nas áreas de exhibición.

­ - Apoio en comunicación e material de promoción, así como a súa difusión

­ - Axuda na oficina de información.

­ - Axuda na coordinación no concurso de pintura “Bellevie”

Os/as interesados/as en participar neste proxecto, deben enviar unha carta de motivación máis o seu CV antes do 24 de xuño ao email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

European Youth Autumn (EYA II)

  • Datas: 01/9/2016 – 30/06/2016 (10 meses)
  • N.o prazas: 1
  • N.o total participantes: 2

Proxecto: Potenciación e desenrolo de Belvì

As dúas persoas voluntarias desenrolarán as súas tarefas en tres ámbitos:

- CULTURAL: axudarán na biblioteca municipal e no Concello coas actividades que alí se

desenrolen, así como no Museo de Ciencias Naturais.

- MEDIO AMBIENTE: axuda na promoción de concienciación no coidado do medio ambiente

mediante actividades de diversa índole (reciclado, camiñatas...)

- SOCIAL: axuda nas actividades que se vaia crear para os maiores e nenos no centro recreativo do municipio.

Os/as interesados/as en participar neste proxecto, deben enviar unha carta de motivación máis o seu CV antes do 10 de xuño ao email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Suspensión temporal das probas de ESO para adultos por non alcanzar o mínimo de inscricións

Trala finalizar o prazo de matrícula ao curso de preparación das probas libres de ESO para adultos organizado polo Concello de Curtis, e vistas as sete persoas inscritas e tras establer previamente un requisito mínimo de quince inscricións, procédese ao aprazamento temporal do inicio a causa do reducido número de persoas interesadas na acción formativa ata acadar o mínimo establecido.

Como actuar cando hai problemas coas sinais de TDT?

O forte temporal do domingo provocou numerosas incidencias coa TDT en zonas do municipio que reciben o sinal do repetidor en Ratona, como Os Carballás, Montealto e A Insúa, entre outras. O Concello estivo en contacto con Retegal para que se restablecese o servizo canto antes.

Como actuar ante este tipo de incidencias?

Recoméndase aos afectados cando existen problemas co sinal de TDT que chamen ao Concello ou a Retegal, aínda que, se as condicións atmosféricas son adversas como estes días, Retegal advertiralles que chamen tamén ao Concello para comprobar se o repetidor ten electricidade ou se o fallo non é por ningún corte de luz.

Concello de Curtis

  • Teléfono 981 789 003

Retegal. Contan cun servizo de atención as 24 horas.

  • Teléfono 901 100 224
  • Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.