UV BANNER Curtis 2023 web

¿CÓMO PODO SOLICITAR A MIÑA VIDA LABORAL?

A solicitude da vida laboral pode facerse ou ben por internet, por teléfono ou por vía sms.

SOLICITUDE POR INTERNET

Paso 1 - Fai clic neste enlace

Paso 2 – Introducir os datos persoais que solicitan (DNI, Nº Seguridade Social, etc)

Paso 3 – Enviar e recibirá a vida laboral no seu domicilio nun prazo medio de 5 días.

 

SOLICITUDE POR TELÉFONO

Paso 1 – Chamar ao 981 50 20 50 (Servizo automático de Información da Seguridade Social) e responder aos datos persoais que solicitan (DNI, Nº Seguridade Social, domicilio, etc)

Paso 2 - Recibirá a vida laboral no seu domicilio nun prazo medio de 5 días.

 

SOLICITUDE POR SMS (*Imprescindible ter actualizado o nº móbil na Seguridade Social*)

Paso 1 – Entrar en https://sede.seg-social.gob.es e seleccionar "Cidadáns"

Paso 2 – Seleccionar "Servizos vía SMS"

Paso 3 – Seleccionar  informe de vida laboral e "Acceso ao servizo"

Paso 4 – Introducir os teus datos persoais e clic en ACEPTAR

Paso 5 – Introducir o código que recibirá no seu móbil e Impresión  inmediata da vida laboral.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.