Festas e romarías
Festas temáticas
O Concello organiza, ou axuda na organización, dunha serie de feiras específicas ao longo do ano, que atraen un gran número de visitantes de toda a comarca.Ferira do Cabalo
Ten lugar en Teixeiro o primeiro domingo de agosto e nela pódense contemplar os mellores exemplares do lugar ademáis de asistir a impresionantes exhibicións de doma.
Festa do Cogomelo
Organízase en Teixeiro o último domingo de outubro. Proponse unha ruta a través dos locais hostaleiros para degustar as distintas variedades de cogumelos da zona preparados de diversas maneiras.
Feira da Nabiza e do Queixo de Curtis
Celébrase no recinto feiral de Curtis a principios de decembro. Nela pódese probar o típico caldo galego feito a base de nabizas, e tamén outros produtos da comarca como o afamado queixo de tetiña.
Concentración moteira
O club Os Auténticos de Curtis organiza en agosto unha concentración de moteiros. Esta festa reúne a centenares de afeccionados ao mundo das motos, para os que se preparan rutas e espectaculares exhibicións.
Festa dos maiores
Con esta reunión, o Concello homenaxea aos veciños de maior idade do municipio.
'Curtis na Lembranza, Feira de 1900'
O pobo de Curtis regresa a 1900 para lembrar e homenaxear aos mercados desa época, os que impulsaron, xunto ao ferrocarril, o crecemento e dinamización deste núcleo. Celébrase a finais do mes de xullo. Máis información: www.curtisnalembranza.es
Festas parroquiais
O concello de Curtis é coñecido polas súas festas e romaxes, que desde a primavera até o outono enchen as rúas de cor e música e fan as delicias dos que nos visitan.
Finais de MAIO | Festa das Flores | CURTIS |
Principios de XUÑO | Festas en honor de Santa Juliana | La ILLANA |
Mediados de XUÑO | Romería do Monolito | CURTIS |
Mediados de XULLO | Festas na honra de San Cristovo | SAN CRISTOVO |
Mediados de XULLO | Festa da juventud | TEIXEIRO |
25 de XULLO | Festa en honra do Apóstol | PARADELA |
1º fin de semana de AGOSTO | Festa en honra da Virxen das Neves | FOXADO |
15 de AGOSTO | Festa en honra de Santa María | FISTEUS |
16 de AGOSTO | Festa en honra de San Roque | XABRIÑO |
Mediados de AGOSTO | Fiesta en honra de Santa Eulalia | SANTAIA |
28 de AGOSTO | Romería da Pelegrina | XABRIÑO |
Finaís de AGOSTO. | Festa en honra da Nosa Sra. de Lourdes | CURTIS |
8 de SEPTEMBRO | Romería da Pelegrina Pequeña | XABRIÑO |
8 y 9 de SEPTEMBRO | Festa en honra da Nosa Sra. dos Remedios | TEIXEIRO |
12 de OCTUBRo | Festa en honra da Virgen do Pilar | PARADELA |