Comisión de Coordinación.
Nesta Comisión de Coordinación, os concelleiros con áreas adscritas ao Goberno local debaten, acordan, coordinan e planifican a acción municipal. Este órgano está recollido no Regulamento Orgánico Municipal (ROM) do Concello de Curtis (art.13), que vertebra o funcionamento xeral dos órganos básicos e complementarios do Goberno local.
O ROM aprobouse inicialmente no Pleno Ordinario do 7/08/2015 e publicouse no BOP nº 152 del 12/08/2015, así coma no taboleiro de anuncios do Concello por un prazo de 30 días. Nese prazo presentouse só un escrito de alegacións con R.E 2852. Resolveuse a alegación e aprobouse definitivamente no Pleno ordinario do 28/09/2015, cuxo texto íntegro se fixo público no BOP del 6/10/2015, para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.