UV BANNER Curtis 2023 web

Corporación Municipal

O Pleno da corporación, presidido polo alcalde e integrado polos concelleiros de todos os grupos políticos con representación municipal, é o órgano de máxima representación dos cidadáns no Goberno local. As atribucións do Pleno veñen reguladas nos arts. 22-LBRL, 23-TRRL e 50-ROF, así como no Regulamento Orgánico Municipal (ROM). Entre as súas principais funcións destacan o control e fiscalización dos órganos de Goberno, a aprobación dos orzamentos, a aprobación e modificación das ordenanzas e normativas municipais, os acordos relativos á delimitación e alteración do termo municipal e dar luz verde aos proxectos de obras e servizos, así como a moción de censura ao alcalde e a cuestión de confianza.

As sesións de Pleno ordinarias son públicas e celébranse o primeiro venres dos meses pares, aínda que existe a posibilidade de adiantalas ou demoralas unha semana por causas debidamente xustificadas derivadas da ausencia da Alcaldía, dos asuntos a tratar ou da coincidencia das datas en días festivos. En todo caso, manterase o punto de 'Rogos e preguntas' e de control dos órganos corporativos segundo o apartado e) do art. 46.2 da Lei 7/1985.

As sesións extraordinarias convocaranse cando así o decida a Alcaldía ou o solicite a cuarta parte, polo menos, do número legal de membros da corporación.

Plenos municipales

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.