Traballando xuntos por un futuro medioambiental mellor
A través do FEDER e dos fondos estruturais da Unión Europea que xestiona a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, se está a promover desde as Administracións o crecemento sustentable dos municipios e, con este fin, apóiase a elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental buscando a integración e a adaptación ao cambio climático na xestión pública.
No marco deste compromiso, desde o Concello de Curtis estamos a traballar na elaboración, deseño e execución de proxectos e plans na procura dun municipio sustentable, sostible e respectuoso co medio ambiente, que avance na mitigación do cambio climático e que reduza as emisións GEI.
As nosas principais liñas de actuación son:
- Neutralizar as consecuencias do Cambio Climático a través de actuacións enfocadas á prevención.
- Mellorar a Eficiencia Enerxética nas edificacións, nas infraestruturas e nos servizos públicos.
- Aumentar o uso das Enerxías Renovables nas edificacións e estruturas públicas.
- Fomentar a Mobilidade Urbana Sustentable a través da mellora da rede viaria, carrís bici e peonís, así como da conexión urbana- rural.
Conscientes da importancia deste reto e da necesidade de contar coa implicación da cidadanía para configurar e construír entre todos o territorio sustentable que queremos, o Goberno local activou varias canles para recibir opinións e suxestións:
-Foros de Participación Cidadá, que se desenvolverán os seguintes días:
- Curtis: xoves, día 20 de outubro, no Salón Multiusos da Nave da Feira.
- Horario: 17.00 y 20.30 horas - Teixeiro: luns, día 24 de outubro, no Centro Etnográfico.
- Horario: 17.00 y 20.30 horas
- Buzón de suxerencias (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.), onde se poderán enviar achegas sobre as melloras que se poderían facer nestes ámbitos e que beneficien ao concello. O prazo para o envío de propostas pecharase o día 1 de novembro deste ano.
- Cuestionario, para que a cidadanía valore as prioridades de mellora que se identificaron no concello.
ANÍMATE E PARTICIPA NO NOSO CURTIS DO FUTURO
Proxecto cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020