Numeracion Curtis logos

Igualdade e Conciliación

graficaIgualdade201511
Unha das grandes apostas do Concello de Curtis é a muller e a loita pola igualdade e contra a violencia de xénero. O pleno do 20 de decembro de 2013 aprobou o que é xa o III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades, que marca as liñas estratéxicas e de actuación tendentes a difundir os valores da igualdade e a erradicar malas prácticas sociais e tradicionais que profundan na discriminación da muller no ámbito socio laboral.

Este plan materialízase a través das accións do CIM, Centro de Información á Muller, un servizo gratuíto con sede en Curtis que atende a usuarias deste municipio, así como de Sobrado e Vilasantar. Ofrece apoio, información e asesoramento xurídico e psicolóxico.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.