CIM

O CIM, Centro de Información á Muller, é un servizo gratuíto con sede en Curtis que atende ás usuarias deste municipio, así como de Sobrado e Vilasantar ou de calquera outro sempre que sexa necesario. Ofrece apoio, información e asesoramento xurídico, psicolóxico e de axente de igualdade.
O servizo está cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade.
Equipo: Integrado por directora, axente de igualdade, asesora xurídica e psicóloga.
Horario do centro:
De luns a venres: de 8.00 h a 15.00 h.
Luns e martes pola tarde: de 15.00 h a 18.00 h.
Principios de actuación:
- Gratuidade.
- Respeto a voluntade da persona.
- Confidencialidade
Casa Consistorial
Praza de España, 1, 2º planta.
15310 - Teixeiro - A Coruña
Teléfono: 981 789 003
Fax: 981 789 578
Facebook do CIM


PROGRAMA DE ATENCIÓN INTEGRAL E PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO “Naturalmente en Morado”
Cando se atravesa un proceso de violencia de xénero, prodúcese un desequilibrio ocupacional, no que se inclúen alteracións en diversas áreas ocupacionais e polo tanto en consecuencia no estado óptimo das persoas que o sufren. Por elo, plantéxase unha intervención integral, na búsqueda da reestructuración do equilibrio ocupacional.
Os obxetivos teñen que ver coa mellora do benestar físico, psíquico e social das persoas o que causa un efecto directo sobre a saúde e a prevención de novas situacións de violencia.
Os resulttados obtidos desta iniciativa, consideranse alcanzados, pola alta participación e proceso de evolución das persoas usuarias, asi como a importancia de cara a previr a violencia de xénero.
