Violencia de xénero
O CIM oferta un servizo gratuíto de atención e asesoramento ás mulleres vítimas da violencia de xénero. Detéctase se a muller corre perigo, infórmaselle dos recursos existentes e actívanse os procedementos que se consideren necesarios para a súa protección de maneira coordinada coas demais entidades implicadas neste ámbito: servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos e xurídicos.
Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero
Constituída no ano 2015, creouse como un instrumento esencial e operativo de coordinación na loita contra a violencia machista na que están presentes todos os axentes implicados co fin de optimizar as actuacións en materia de prevención e mellora na atención ás vítimas.
Que é a violencia de xénero?
Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mero feito de selo. Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.