Bandeira
Decreto 258/2007, do 20 de decembro, DOG nº 7 (10 xaneiro de 2008)
Descrición
En pano verde, inclúe unha franxa horizontal de amarelo cun carballo verde no centro e dúas crucetas vermellas colocadas xunto ao seu tronco, unha a cada lado. No pano de verde atópanse catro estrelas de amarelo, dúas no terzo do hasta e dúas no do batente.
O carballo heráldico, que se dispón como motivo principal deste escudo, é trasunto do chamado carballo da Nosa Señora, centenario exemplar que se levanta fronte á igrexa de Teixeiro e que ten, ademáis, unha presenza moi destacada no municipio.
Como complementos, hai dúas crucetas, ou cruces patadas, que queren lembrar os dous núcleos de poboación máis importantes: Teixeiro e Curtis. O xefe de verde, alusión ao carácter rural do municipio, e ás catro estrelas de ouro representan ás catro parroquias que hoxe conforman o termo municipal.