Escudo
Decreto 160/1998, do 22 de maio DOG nº 108 (8 de xuño de 1998)
Descrición
Do ouro (amarelo), un carballo da súa cor, terrasado e flanqueado de dúas cruces patadas de gules (vermello); xefe de sinople (verde) con catro estrelas de ouro. O timbre, a coroa real pechada.
O carballo heráldico, que se dispón como motivo principal do escudo, é trasunto do chamado carballo da Nosa Señora, centenario exemplar que se levanta fronte á igrexa de Teixeiro e que goza de gran significación en toda a comarca, onde esta especie arbórea ten unha presenza moi destacada.
Como complementos, hai dúas crucetas, ou cruces patadas, que queren lembrar os dous núcleos de poboación máis importantes: Teixeiro e Curtis. O xefe de verde, alusión ao carácter rural do municipio, e ás catro estrelas de ouro representan as catro parroquias que hoxe conforman o termo municipal.