Localidades irmandadas
Cidadáns activos para un diálogo europeo
O Concello de Curtis está irmandado desde xuño de 2014 con sete municipios de Italia, Bulgaria Romanía, Letonia e Malta. Os tres concellos de Sardeña forman unha soa entidade de xestión de servizos. O acto celebrouse en Niza, onde se asinou o documento 'Cidadáns activos para un diálogo europeo', polo cal se acordou estreitar os vínculos de amizade e cooperación nos ámbitos cultural, deportivo, social e educativo entre estes concellos.
Nizza (Sicilia)
Nizza é unha localidade italiana da provincia de Mesina, rexión de Sicilia, con 3.660 habitantes.Lukovit, Bulgaria
Lukovit é un municipio da provincia búlgara de Lovech, cunha poboación de preto de 20.000 habitantes. Atópase a 120 km ao nordés de Sofía e 49 km ao sur-oeste de Pleven. É centro dunha rexión cárstica grande e interesante. Hai rastros de romanos, bizantinos e búlgaros de períodos do antigos tracio. Nos seus arredores atópase o canón do río Zlatna Panega e paraxes de gran beleza natural, que conforman, xunto ao seu mosteiro, o seu gran atractivo turístico. Do mesmo xeito que en Curtis, o desenvolvemento económico da localidade estivo moi vinculado á construción do ferrocarril.
Birgu, Malta
É unha das tres localidades máis recoñecidas do país, tamén coñecida como a 'cittá Vittoriosa' en memoria do triunfo dos Cabaleiros de San Juan contra o intento de invasión por parte do Imperio Otomán nunha serie de enfrontamentos que tiveron lugar en 1565 coñecidos como 'o Sitio de Malta'. Birgu é un dos moitos municipios que rodean o Gran Porto de Malta. Levantada en torno ao Forte de St. Angelo, durante varios anos foi a capital do país. Do seu gran pasado destaca unha magnífica cidade medieval cun centro histórico, de rúas estreitas, empinadas e moita personalidade.
Priekuli, Letonia
Priekuli é un dos cento dez municipios de Letonia, localizado no sur-oeste do devandito país báltico. Foi creado durante o ano 2009 despois dunha reorganización territorial. Ten unha poboación de 10.000 persoas.Valeni de Mute, Rumanía
Valeni de Munte é unha cidade de Romanía no distrito de Prahova, con 14.000 habitantes e situada a 96 quilómetros de Bucarest, a capital.Gavoi, Italia
Gavoi é un municipio da provincia de Nuoro de 3.010 habitantes, que se atopa no corazón do Barbagia, no medio de vales, mesetas e montañas. O pobo está rodeado dos espectaculares bosques de Gennargentu, onde se poden achar especies silvestres raras e nativas. A orixe da cidade é incerto, pero se remonta polo menos á época romana. O campo xa estaba habitado por pobos prehistóricos: ten varios menhires, as tumbas de cámara chamadas domus de janas, e, os máis visibles de todos, os nuraghes de Castrulongu e Talaikè.Escola (Sardeña, Italia)
Este pequeno centro da zona Sarcidano atópase na fronteira coa rexión Trexenta. A área administrativa de San Simone é tamén parte do seu territorio. O cultivo da oliveira, o cereal e a vide, así como a cría de animais, sobre todo ovellas, está moi estendida na zona. O nome do pobo aparece por primeira vez na época medieval, cando no século XI a vila de Escolca pertencía á 'curatoria' de Siurgus no 'Giudicato' de Cagliari.
Seulo, (Sardeña, Italia)
Seulo é un municipio italiano de 1.023 habitantes situado na provincia de Cagliari en Sardeña. Os seus case 800 metros sobre o nivel do mar fan deste territorio o máis elevado da provincia. A actividade económica principal é a gandaría. No territorio pódense atopar diversas covas e fontes naturais de auga de boa calidade. Seulo é, ademais, un país rico en tradicións, cheo de memorias e de paisaxes aínda inexplorados. É parte da Comunidade Montañosa de Sarcidano- Barbagia Seulo e o Consorcio de Lagos.