Numeracion Curtis logos

Hoxe día 10 de marzo abre o prazo para solicitar actuacións da Rede Cultural

A Deputación dá de prazo dende hoxe ata o 26 de marzo para que compañías, profesionais e entidades inscriban os seus espectáculos na nova convocatoria da súa Rede Cultural.

O obxecto do programa é contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e fomentando ao tempo o uso e normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero.

A convocatoria inclúe catro programas de difusión cultural: ESCENA AO VIVO!, VISIÓNS, LINGUA A ESCENA! e ALICERCE

Descarga aquí toda a información e as bases: Bases_REDE_CULTURAL_2020.pdf

aviso copy copy copy

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.