Numeracion Curtis logos

O Concello activa o Programa Curtis Saudable dirixido a adultos e ao colectivo da terceira idade

 

  • As actividades, que se desenvolverán do 1 de agosto ao 31 de xaneiro, incluirán ximnasia nos parques biosaludables, talleres de psicoestimulación e andainas.

curtis saudable 2016

 

O Concello de Curtis organiza o Programa Curtis Saudable dirixido a adultos e ao colectivo da 3ª idade co obxectivo fundamental de animarlles a ocupar o seu tempo de lecer con actividades físicas moderadas, que melloren a súa saúde e incrementan a calidade de vida dos participantes.

As actividades, de carácter gratuítas, están indicadas especialmente para persoas con sobrepeso, diabetes, colesterol e calquera veciño/a que non queira ou non poida realizar unha actividade física intensa.

Aínda que o prazo inicial de inscrición termina o 15 de xullo, despois desa data as persoas interesadas aínda se poden apuntar nas dependencias municipais. Os horarios son orientativos, podéndose modificar en función das necesidades e demandas dos veciños/as.

O programa, que se desenvolverá desde o un de agosto de 2016 ao 31 de xaneiro de 2017, inclúe:

Ximnasia nos Parques Biosaludables:

  • Luns, de 17.00 a 18.00 horas, en Curtis
  • Martes, de 17.00 a 18.00 horas, en Teixeiro

Talleres de Psicoestimulación:

Neles traballaríase a ximnasia mental, memoria, relaxación, meditación xogos tradicionais e ximnasia de mantemento.

  • Luns:

               - Edificio de Usos Múltiples de Curtis, de 10.45 h. A 11.45 h.
               - Centro Social da Illana, de 12.00 a 13.00 h.

  • Martes:

               - Centro Etnográfico de Teixeiro, de 10.45 h. A 11.45 h.
               - Centro Social de Santaia, de 12.00 a 13.00 h.

  • Mércores:

               - Centro Social de Foxado, de 10.45 h. a 11.45 h.
               - Centro Social de Paradela, de 12.a 13.00 h.

Andainas:

  • Camiñar por Curtis, os xoves, de 10.30 h. a 11.30 h. Saída, diante do pavillón polideportivo.
  • Camiñar por Teixeiro, os venres, de 10.30 a 11.30 h. Saída, diante da Casa do Concelllo.
  • Rutas Interurbanas (datas e horarios por determinar):

              - Teixeiro- Xabriño
              - Curtis- Xabriño
              - Paradela-Santaia

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.