Seminarios en Curtis e Teixeiro para persoas de máis de 50 anos sobre o uso dos móbiles e o acceso a Internet
- O prazo de inscrición finalizará o 15 de febreiro.
O vindeiro venres, 17 de febreiro, impartiranse seminarios específicos para as persoas de máis de 50 anos sobre o uso dos novos teléfonos móbiles e o acceso a Internet.
As charlas, promovidas pola Asociación Cultural Galega de Formación Permanente para Adultos (Ategal) e a Fundación Vodafone España, durarán dúas horas e celebraranse en Curtis e Teixeiro, nos seguintes horarios e lugares:
Teixeiro:
- Biblioteca Municipal
- Horario: De 16.00 a 18.00 horas
Curtis:
- Oficina Municipal non Recinto Feiral
- Horario: De 18.30 a 20.30 horas